NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 9 de decembro de 2022

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO "IV CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"


O Xoves 1 de decembro ás 12:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos reuniuse o Xurado do IV CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN para decidir os premiados desta nova edición do certame literario organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra co obxectivo de seguir animando á creación literaria, á escrita e á lectura en lingua galega; fomentar a creatividade e potenciar a expresión e a comprensión escritas estimulando o uso da lingua galega entre os escolares e os mais mozos, particularmente no ámbito da narrativa/relato breve, facilitándolles unha motivación para facelo como é a de participar nun certame literario.

As Bases desta IV Edición do CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN foran publicadas a través do Blog e Redes Sociais da Biblioteca a partir do 22 de setembro pasado e repartíronse dípticos informativos coas mesmas nos centros educativos do municipio.

Como nas anteriores edicións, nesta edición puido participar todo o alumnado residente no Concello de Pazos de Borbén que estivera cursando estudos de Educación Primaria e/ou Secundaria nos colexios públicos do municipio durante os cursos 2021/2022 ou 2022/2023; e que presentaran os orixinais escritos en lingua galega.

O prazo para presentar os relatos foi desde o 3 de outubro ao 15 de novembro; e neste período presentáronse un total de 58 relatos nas cinco categorías establecidas nas bases:

- A: 1º e 2º de primaria 1 relato
- B: 3º e 4º de primaria 28 relatos
- C: 5º e 6º de primaria 18 relatos
- D: 1º e 2º de ESO 8 relatos
- E: 3º e 4º de ESO 3 relatos

Agora soamente queda esperar ao acto de entrega dos premios no que se darán a coñecer os galardoados deste ano que terá lugar o Venres 16 de Decembro a partir das 12:00 horas no Auditorio do Concello e ao que asistirán o Alcalde, varios membros do equipo de goberno, e o xurado do certame, ademais de todos os escolares que se presentaron ao mesmo acompañados dos seus mestres.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura. 

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger