NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

xoves, 9 de abril de 2020

XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR


XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
Autor: Rosa Aneiros
Ilustrador: Andrés Meixide
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Premio Merlín de Literatura Infantil 2019
Premio Fervenzas Literarias - Mellor Libro Infantil 2019

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi decatouse que algo extraordinario estaba a piques de acontecer.

Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a sua extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.

Serán capaces de facelo? Como podes axudalos ti? Únete a esta fantástica tribo na apaixonante aventura de salvar os océanos!

ISBN: 978-84-9121-589-9
Nº de páxinas: 172
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger