NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 2 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2020


O venres 8 de marzo celébrase en case todos os países do mundo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

É unha data destinada a recoñecer ás mulleres como artífices da historia e da loita pola súa liberación e igualdade co home que é conmemorada nas Nacións Unidas e en moitos países do mundo.

Dende á Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén queremos participar deste día e unirnos á mensaxe da Nacións Unidas e que o Día das mulleres sexa todos os dias do ano.


"O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres do montón que xogaron un papel crave na historia dos seus países e comunidades.

O mundo logrou avances sen precedentes, pero ningún país alcanzou a igualdade de xénero.

Hai 50 anos, chegamos á Lúa; na última década, descubrimos novos devanceiros humanos e fotografamos un buraco negro por primeira vez.

Mentres tanto, existen restricións legais que impiden a 2.700 millóns de mulleres acceder ás mesmas opcións laborais que os homes. Menos do 25% dos parlamentarios eran mulleres en 2019 e unha de cada tres mulleres segue sufrindo violencia de xénero.

Fagamos que 2020 sexa un ano decisivo para as mulleres e as nenas en todo o mundo.

Son da Xeración Igualdade

Este ano o tema denomínase “Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres”, seguindo os pasos da campaña de ONU Mulleres co mesmo nome (Xeración Igualdade) e que conmemora o 25º aniversario da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing (1995), a folla de roteiro máis progresista para o empoderamento das mulleres e as nenas en todo o mundo.

Ademais neste ano tamén se celebrarán outros logros significativos para a Organización, como pode ser o 10º aniversario da creación de ONU Mulleres, entre outros.

O consenso que está a xurdir a nivel mundial é que, a pesar dalgúns progresos, o cambio real foi desesperadamente lento para a maioría das mulleres e nenas no mundo. Ao día de hoxe, ningún país pode pretender que alcanzou a igualdade de xénero. Hai unha serie de obstáculos que permanecen sen cambios. As mulleres e as nenas seguen sendo infravaloradas; traballan máis, gañan menos e teñen menos opcións; e sofren múltiples formas de violencia no fogar e en espazos públicos. Ademais, existe unha ameaza significativa de reversión dos logros feministas que tanto esforzo custou conseguir.

O ano 2020 representa unha oportunidade excepcional para mobilizar a acción mundial con miras a lograr a igualdade de xénero e a realización dos dereitos humanos de todas as mulleres e nenas."




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger