NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

mércores, 30 de outubro de 2019

OBRADOIRO DE EXPERIMENTACIÓN CREATIVA CON MÚSICA ELECTRÓNICA "CIENCIA MUSICAL"


Comenzamos a programación deste mes o día 4 de Novembro ás 13:00 horas co Obradoiro de Experimentación Creativa con Música Electrónica "CIENCIA MUSICAL" a cargo do enxeñeiro electrónico e compositor MATEO MENA CALAVIA. 

O obradoiro é un proxecto educativo plenamente práctico, orientado a público xuvenil, que combina conceptos científicos e sonoros nun ambiente de traballo baseado na experimentación. A través da construción de diversos dispositivos musicais electrónicos, os asistentes irán adquirindo coñecementos prácticos sobre varios principios científicos (electromagnetismo, resistividade, frecuencia, vibración...) e a súa aplicación musical, enfocándose en áreas específicas como a creatividade, a educación ambiental, o método científico ou a aprendizaxe colaborativa. 

Participarán desta experiencia os alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. 

Esta actividade forma parte do programa de divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Nesta actividade é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO da biblioteca nº 986 497 273.

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger