sábado, 1 de decembro de 2018

CONTOS DE CIENCIA FICCIÓN I


CONTOS DE CIENCIA FICCIÓN I
Autor: Jack London
Edita: Urco Editora

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Aínda que Jack London sexa coñecido principalmente polas súas novelas de aventuras, a miúdo ambientadas no seu ben coñecido mundo dos buscadores de ouro, na súa breve traxectoria vital destacan importantes traballos no eido da ficción científica, como The Star Rover, The Scarlet Plague (publicada nesta mesma colección).

Aquí presentamos unha escolma de relatos que xiran arredor desta temática, sempre baixo o prisma do autor californiano, a quen, dalgún xeito, podemos considerar como un dos precursores da chamada "ficción científica social" ou mesmo da "ficción científica política".

O ton xeral das súas historias, máis que se aventura, é de non frear o avance do capitalismo. Hoxe máis que nunca, non podemos deixar de darlle a razón e de aprender das súas sabias e premonitorias palabras.

ISBN: 978-84-15699-09-5
Nº de páxinas: 165
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger