FARIÑA
Autor: Nacho Carretero
Edicións Xerais de Galicia, S.A
Xénero: Literatura en Galego - Ensaio
Coca, farlopa, perico, fariña... Nunca Galicia comercializou un producto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas.
Ademais da súa privilexiada posición xeográfica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha "nova Sicilia": atraso económico, unha centenaria tradición de contrabando e un clima de admiración e tolerancia cara a unha cultura delituosa herdada da época dos "inofensivos" e "benefactores" capos do tabaco. Os clans, poderosos e herméticos, medraron na impunidade afianzada grazas ao desleixo (e mesmo complicidade) da clase política e das forzas de seguridade.
A través de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrependitos, xuízos, policías, xornalistas e nais de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con detalle unha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada. No imaxinario popular, ese costumismo kitsch de capos con zocos e reloxos de ouro ensombreceu o potencial destrutivo dun fenómeno que arrasou o tecido social, económico e político do noso país.
Este libro, que ten agora versión televisiva, inclúe un repaso inédito polos clans que seguen operando hoxe en día. Porque en contra da crenza mediática e popular, o narcotráfico segue vivo en Galicia. E non se debe esquecer o que aínda non rematou.
ISBN: 978-84-9121-330-7
Nº de páxinas: 323ISBN: 978-84-9121-330-7
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.