NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 20 de abril de 2018

PAZOS DE BORBÉN INFORMA - Nova App do Concello de Pazos de Borbén


PAZOS DE BORBÉN INFORMA é unha nova App que o Concello de Pazos de Borbén pon a disposición da veciñanza para ofrecer información municipal e que esta poida ser recibida polos veciños de forma inmediata a través do móbil.

A aplicación tamén permite enviar rexistros de incidencias e xuntar fotos e xeolocalización.

Unha aplicación móbil independente, propia e personalizada destinada a manter informados aos veciños do municipio a través de notificacións emerxentes e instantáneas para que estean informados as 24 horas do día das novidades municipais.

Bandos, noticias, edictos, avisos, consellos ou calquera outra información poderá ser enviada desde a plataforma "bandomovil". 

Calquera cidadán poderá descargar a aplicación de forma gratuíta desde PLAY STORE e APP STORE pasando a gozar deste servizo municipal de carácter informativo de forma inmediata.

Ademais da App e de forma complementaria, calquera poderá ter acceso á información municipal que se vaia publicando polo concello, a través unha web adaptada para Windows Phone e Blackberry. 

Unha aplicación sinxela, fácil e práctica para os veciños e para o propio concello. Rápida, efectiva e directa, informa sen perder o tempo; e próxima sempre en contacto cos veciños.

¿Cómo gozar deste servizo municipal?

- Se dispón dun teléfono Android pode descargar a App de 3 formas:

- Se dispón dun teléfono IOS (iPhone) pode descargar a App de 3 formas:


Unha vez instalada a app en iOS, o servizo iniciarase seleccionando Pazos de Borbén Informa.

Os veciños que non dispoñan de terminais compatibles, como por exemplo os que utilicen Blackberry ou Windows Phone, poden consultar toda a información municipal que o concello publique desde a seguinte páxina web adaptada a teléfonos móbiles:


Para aqueles veciños máis tradicionais que non dispoñan de terminal telefónico pero si dun ordenador persoal conectado a internet poden recibir a información vía e-mail no seu correo electrónico.

Descarga XA a App PAZOS DE BORBÉN INFORMA e coñece todas as novas do teu concello.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger