NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

martes, 17 de xaneiro de 2017

¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?


¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?
Autor: Jorge Mira
Ilustracións: Dani Padrón      
Alvarellos Editora, 2016
Colección: Oeste (divulgación&ensaio)


Xénero: Ciencias Puras - Astronomía

Idade recomendada: +9 anos

Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia: ¿A que altura está o ceo? Este libro vainos dar a resposta. A esa cuestión... e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.

Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: 
 ¿Por que vemos o ceo azul ou Sol amarelo?  
 ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas?
 ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?
 ¿Cal é a idade do universo?
 ¿E o seu tamaño?
 ¿Que quere dicir que o universo se expande?
 ¿E a que velocidade o fai? 
 ¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?...

BENVIDOS A ESTA AVENTURA . 
¡BOA VIAXE ESPACIAL! 

ISBN: 978-84-16460-02-1
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger