Autor: Xosé Luis Axeitos Agrelo
Dirección Xeral de Promoción Cultural,2000
Colección: A Nosa Memoria
Xénero: Ensaio- Biografías
No centenario do nacemento de Manuel Antonio (1900-1930), cómpre que nos lembremos desta figura sobranceira das nosas letras, que nos derradeiros anos da súa vida plasmou poeticamente unha boa parte dos soños do noso país.
A súa figura permanentemente lanzal e vizosa ten tanto que ver coa súa mocidade coma coa permanente novidade dos seus versos, a través dos cales ampliou os límites da nosa cultura traendo á nosa poesía o ton e o aire da modernidade europea.
Manuel Antonio supón para Galicia o desexo e a necesidade de rexenerarse sen esquecer o noso pasado. A súa voz representa entre os rianxeiros ilustres como Castelao ou Dieste, a paixón e o desbordamento. Dotado dunha personalidade rexa, foi intransixente contra as inxusticias e orgulloso dos valores do seu pobo.
Esta colección, A Nosa Memoria, quere con esta monografía tributar unha homenaxe a este poeta e a este home, Manuel Antonio Pérez Sánchez, que levou o noso idioma e o nome de Galicia polo mundo con orgullo e con dignidade.
Nº de páxinas: 137
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.