Autor: Xosé Miranda
Edicións Xerais de Galicia S.A., 1998
Colección: Narrativa
Xénero: Literatura Galega - Narrativa
Premio Xerais de Novela 1998
Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros,
coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do
século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a
liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can
branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma
un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e
toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas de Pontevedra
de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade
coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que
brilla cada día soamente para quen sabe ollala.
Morning Star foi definida
por Xosé Luis Barreiro Rivas, un dos membros do xurado de lectores do
Premio Xerais 1998 como “unha novela que gosta sen adovíos, que resulta
agradable de ler, que retén a atención de principio a fin, e narra
historias e aventuras como todos sabemos”.
Nº de páxinas: 272
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.