luns, 25 de xullo de 2016

CORREO PARA TIGRE


CORREO PARA TIGRE
Texto e ilustracións: Janosch (Pseudónimo de Horst Ecker) 
Tradución ao galego: Dolores Romay
Kalandraka Editora, 2002
Colección Seteleguas

Xénero: Literatura en galego - Narrativa

Idade recomendada: + 7 anos

Cando o pequeno oso marchou a pescar, levou consigo un bote de tinta azul, papel e sobre para escribirlle ao seu amigo, o pequeno tigre, que se sentía moi só cada vez que se ausentaba. Pero no bosque o correo nunca fora moi áxil.

Así, co enxeño duns e coa axuda doutros, o fogar de Oso e de Tigre converteuse no lugar mellor comunicado do mundo.

Co seu estilo inconfundible, tanto a nivel literario como artístico, con ilustracións e viñetas cheas de dozura, Janosch fabula sobre como os protagonistas desta curiosa historia inventaron o correo postal, o correo aéreo e o teléfono. 

ISBN: 978-84-8464-136-8 
Nº de páxinas: 52 
Encadernación: Tapa dura



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger