NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 3 de xuño de 2016

BRINCA VAI! DE AQUÍ A ACOLÁ con Paco Nogueiras

https://www.dropbox.com/s/nu5q6s9fgfn6xan/2016-06-16%20BINCA%20VAI%20-%20Paco%20Nogueiras%20-%20CARTEL7%20-%20VALIDO%20CONTRALUZ%20BORDES%20RECORTADOS.jpg?dl=0

Continuando coa programación 2016 de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS e para celebrar

O FIN DE CURSO ESCOLAR
E
A CHEGADA DO VERÁN


O Xoves, 16 de Xuño de 2016
ás 13:00 horas

no
Auditorio do Concello
de
Pazos de Borbén

terá lugar a actuación de:

PACO NOGUEIRAS

co seu espectáculo de dinamización con música, teatro e danza

"BRINCA VAI! De aquí a acolá"

dirixido a nenos e nenas de tódalas idades.

Unha actividade para ler, ver e escoitar.

Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acampañarón aló onde vaiades. Cancións para todos os meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica.

Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando...



Este espectáculo está baseado no libro-disco "BRINCA VAI" que poñemos á disposición dos usuarios en BiblioPazos e é un proxecto de:

  • PACO NOGUEIRAS: Música, letras, voz solista e coros, guitarra acústica, ukelele, acordeón, gaita midi, frautas, percusións, piano e programacións, arranxos e producción musical.
  • DAVID PINTOR: ilustracións.
  • SR. SAGÜILLO: dirección, realización e animacións do DVD.
  • Máis información sobre o mesmo facendo clic AQUÍ.



Esta actividade forma parte da programación de LER CONTA MOITO que se desenrolará ao longo do ano 2016 a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovida pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Como en anos anteriores dende BIBLIOPAZOS preténdemos contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazos de encontro para descubrir e compartir.

Para asistir a esta actividade é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono
 
986 497 273

 
VEN A BIBLIOPAZOS
E
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger