NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 25 de maio de 2015

PÓRTICO DAS LETRAS

PÓRTICO DAS LETRAS
Autor: Xavier Castro Rodríguez
Editorial: Compostela, S.A
Ano de edición: 2005

Santiago de Compostela, a cidade do Apóstolo, foi dende sempre motivo de inspiración entre poetas e narradores.

Na Idade Media, Xelmírez consolidouna e impulsou os traballos da catedral románica ata converter a pequena vila no referente relixioso do occidente cristián.

O cumio acádase co cicel e o mazo do Mestre Mateo que foi quen de humanizar mármores e granitos no conxunto escultórico máis impresionante do protogótico europeo: o Pórtico da Gloria.

Gótico e Renacemento son estilos que deixan fermosas pingas da súa linguaxe en Compostela.

Pero a cidade é algo máis ca fachadas barrocas, platerescas, columnas salomónicas ou un mostrario de estilos. Eis o labor do poeta, do narrador, que espreita o latexo da vida entre as laxes, tras as ventás e parametros. Os que son capaces de gacer bailar a lúa na Quintana, de perseguir o tanxer das badaladas  entre arcos e soportais e camiñar ao compás do son que as pingas de auga compoñen ao se derramaren sobre a pedra. Os que escriben da ledicia dos paseos dominicais pola Alameda, do bruído dos oficios antigos...

Todos eles instantes fuxidíos que se fixan na memoria, apañados polos que dominan a palabra escrita. E que tras a lectura, ao volver perder os pasos por Compostela, seremos quen de reparar nos rumores e silencios, nos brillos e nas sombras lidos, converténdoa en algo máis que un museo pétreo ao aire libre. 
 
ISBN: D.L. C-1070-2005
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 15 cm
Nº de páxinas: 111

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger