NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

domingo, 29 de marzo de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2015

O vindeiro 2 de abril, aniversario da date de nacemento de Hans Christian Andersen, o IBBY (International Board on Books for Young people) celebra o Día Internacional do Libro Infantil como modo de promoción da lectura entre o público máis novo.



Este ano 2015 o país que exerce como convidado para transmitir unha mensaxe de apoio á lectura son os Emiratos Árabes Unidos.

O deseño do cartel foi realizado pola ilustradora Nasim Abaeian. O texto que o acompaña foi redactado pola escritora Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi.

De seguido deixámosvos a mensaxe traducida ao galego por Antía Marante e Sabela González:


Moitas culturas, unha historia

“Falamos diferentes linguas e vimos de
diferentes orixes, mais compartimos as
mesmas historias”
Historias internacionais… historias
tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e
amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus
nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e
imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha
única historia.”


Nasim Abaeian, nada no 1980 en Isfahán (Irán), Nasim pasou a súa infancia en Xénova (Italia), nun ambiente artístico e cheo de inspiración. en 2003 rematou a licenciatura en Comunicación Visual na Universidade Americana de Sharjah (Emiratos Árabes Unidos) e partiu cara aos Estados Unidos para rematar un Máster en Ilustración no Instituto de Arte e Deseño de Savannah. Actualmente, Nassim Abaeian forma parte do profesorado no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (Emiratos Árabes Unidos) e traballa por libre como ilustradora de libros infantís.


Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi é unha das figuras máis destacadas da industria do libro infantil nos Emiratos Árabes Unidos e desempeña o posto de presidenta do Comité Exceutivo do Consello dos EAU para os Libros Infantís e Xuvenís (UAEBBY). Contribuiu significativame a promover o Premio Etisalat para a Literatura infantil Árabe, un dos máis importantes dentro da cultura Árabe. Al Aqroubi rematou a licenciatura en Ciencias da Información na Universidade Zayed en Dubai. Desde que publicou o seu primeiro libro Ahmed El Helou (Sweet Ahmed), no que explora unha viaxe arredor das tradicións árabes, o mundo da literatura infantil converteuse no seu primeiro interese.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger