domingo, 21 de decembro de 2014

A NOITE DO APALPADOR

A noite do Apalpador
Autor: Xurxo Valcárcel
Ilustracións de Pepe Carreiro
Edición e producción de Campo das Redes para o Concello de Redondela, 2011

Literatura Infantil en Galego - Poesía / Nadal

O libro trata sobre unha das tradicións galegas mais interesantes do periodo de nadal.

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal, concretamente o 31 de decembro, para levarlles agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están ben mantidos e déixalles, ademais de xoguetes, unha presa de castañas.

En Galicia estivo moitos anos esquecido. Agora comeza a recuperarse esa bonita tradición que entronca con outras do Norte de España como o Olentzero basco e o Esteru astur-cántabro.

O rito da “Noite do Apalpadoiro” aparece nomeado na montaña lucense e no Courel, especialmente.

Tamén se chama, noutras zonas de Galicia, “Apalpabarrigas” ou “Pandegueiro”.

DL VG 1022-2011
Encadernación: Cartoné
Nº de páxinas: 24


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger