NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 18 de xullo de 2014

Entrega de Diplomas aos alumnos de ASPAVI

Edificio do Centro Antena
Biblioteca Pública Municipal
 "BIBLIOPAZOS"
O martes 15 de xullo tivo lugar a entrega de Diplomas aos 13 alumnos da Asociación ASPAVI (Asociación de paies de persoas con discapacidade intelectural de Vigo) que, dende febreiro a xuño, participaron no CURSO DE MECANOGRAFÍA e INFORMÁTICA BÁSICA  para iniciarse no coñecemento das novas tecnoloxías, impartido na Aula de Informática do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal de Pazos (BIBLIOPAZOS).

As clases impartíronse os martes e venres cunha duración de dúas horas semanais , e con elas os alumnos aprenderon: 

  • As habilidades e os procedementos necesarios para manexa-lo teclado, o rato e o ordenador en xeral. 
  • O manexo básico do programa Mecanografía10 para aprender a teclear correctamente, a escribir cos todos os dedos das mans e a gran velocidade, mediante leccións guiadas e interactivas a través das que os alumnos foron progresando paso a paso e ao seu ritmo individualmente. 
  • O manexo básico do programa de tratamento de textos Word, da navegación por Internet e do programa de presentacións PowerPoint.

Esta actividade, que principiou este ano, é froito da colaboración da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coa Asociación ASPAVI co obxectivo de favorecer e facilitar a integración na sociedade das persoas con discapacidade intelectual para unha mellora na súa calidade de vida. 

No acto de entrega contamos coa presenza da Concelleira Montserrat Fragueiro -á que aproveitamos para agradecerlle o permanente apoio e colaboración ás actividades de BIBLIOPAZOS- e da Directora de ASPAVI Isabel Lorenzo.

Montse, Silvia, Jose Manuel, Paulino, Isabel, Sandra, Antonio, Nico, Eva, Rita, Mª Begoña y Susi

Visualizando o traballo dos alumnos
Montse entregando o diploma a Nico
Saúdos a todas/os e ata o próximo curso
¡FELIZ VERÁN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger