NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 2 de xuño de 2014

Obradoiro Creativo "A CIENCIA É DIVERTIDA" en BIBLIOPAZOS

O próximo xoves 5 de Xuño, na Sala de Lectura, de 11:00 a 14:00 horas  da mañán terá lugar unha nova actividade de animación á lectura en BIBLIOPAZOS. Nesta ocasión trátase do obradoiro creativo "A CIENCIA É DIVERTIDA" que levará a cabo Ana Romero Porto "Nita".


Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e as nenas aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos e as nenas aínda o están descubrindo. ¡Deixémoslles experimentar!

A través da narración dun conto realizaranse diversos experimentos con utensilios da vida cotiá, moi sinxelos, para fomentar o aprendizaxe mediante a manipulación e a observación, como por exemplo, inchar un globo sen aire, cómo aparece o arco da vella, encher un vaso de auga e poñerlle unha carta facendo de tapón, etc. 

Nesta actividade participarán uns 50 alumnos de Educación Infantil do Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos.

A 1ª sesión será de 11:00 a 12:00 horas cos alumnos de 3/4 anos.

A 2ª sesión será de 13:00 a 14:00 horas cos alumnos de 5/6 anos. 

¡VEN A BIBLIOPAZOS! ¿PARTICIPA DAS NOSAS ACTIVIDADES! 

Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger