NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 20 de xaneiro de 2014

Para cantar e bailar - AUDIOLIBRO

Para cantar e bailar 
Recompilación,transcrición e texto: Luis Prego Fernández 
Ilustraciones de Serxio Cobos Martínez 
1ª edición, abril 2008

Trátase dunha guía con xogos e bailes procedentes da nosa tradición pero adaptados aos tempos de hoxe. O libro contén vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo, explicacións sinxelas das coreografías ilustradas con debuxos, letras adaptadas, partituras e un CD coas cancións mais unha pista de video para reforzar a comprensión das explicacións. Está dirixido especialmente a profesores de educación primaria e monitores de danza tradicional, así como a todas aquelas persoas interesadas en pasar un anaco divertido sen importar a súa idade.

Recompilación de 23 xogos tradicionais que incorporan unha melodía, combinando a canción e o baile, que o autor recolleu ao longo da súa dilatada experiencia como profesor en diferentes grupos de baile, segundo explica na introdución, na que reflexiona sobre a existencia dos xogos e divertimentos colectivos aínda presentes na nosa cultura oral e a necesidade da súa recuperación. 

O libro estrutúrase en tres partes: na primeira recóllense os xogos e danzas, cunha indicación dos movementos coreográficos -que se exemplifica con ilustracións-, a letra da canción e a partitura musical; incorpóranse noutro apartado variantes da letra ou do baile, asi como información sobre a súa presenza noutras bisbarras ou anotacións sobre as súas características; finalmente, reprodúcense oito fórmulas para apandar. 

A impecable edición incorpora ademais un disco compacto coas cancións, nove dela acompañadas dun video no que un grupo de bailarins escenifican a coreografía básica do xogo-baile.

74 páx.
22 x 22 cm.
Tapa dura + CD
ISBN 978-84-8289-069-2

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger