NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

domingo, 8 de setembro de 2013

Un estudo certifica cal sería o navegador ideal para os internautas: o ChromeFox

 

Dende PortalProgramas.com veñen de facer un interesante estudo sobre cal sería o navegador que, facendo medias de servizos, calidades e opinións, máis satisfaría en termos xerais á comunidade internauta. O estudo, que comezou derivando cara a declaración de concurso deserto (os expertos implicados, por así dicilo, metéronselle no ensarillado de elixir entre mamá e papá), foi logo orientándose cara o terreo do utópico, que é onde se acumulan as cousas como nos gustaría que fosen. Este foi o motivo de que o navegador que se impuxo resultase finalmente ChromeFox, o navegador definitivo que reúne o mellor de dúas das ferramentas web máis populares da actualidade, Chrome e Firefox. O recurso elixido só ten un problema: non existe.

Porén, non hai quen lle tusa. E máis se temos en conta que abrangue a velocidade de carga inicial de Firefox (nas probas máis recentes Firefox iníciase máis rápido), a compatibilidade con con HTML5 e CSS3 de Chrome (un dos puntos portes de Chrome), a tenda de complementos de Firefox (que segue contando con certos complementos exclusivos, sinalan, que en gran medida publicáronse alí grazas á política máis aberta dos desenvolvedores de Mozilla) ou as pestanas en procesos separadas de Chrome (outro dos puntos fortes deste buscador, con cada pestana baseándose nun proceso separado que ao pecharse libera memoria de xeito inmediato). Así nos explican dende PortalProgramas.com o xermolo deste curioso estudo: "Tras a caída de Internet Explorer, Firefox converteuse na alternativa favorita, para daquela ser relegada a un segundo posto coa incríbel velocidade e lixeireza de Chrome; pero neste mundo de constantes actualizacións nada é definitivo, e recentemente puidemos ver como Firefox pisaba o acelerador até exceder ao navegador de Google en benchmarks como o de Tom''s Hardware". Esta incerta carreira, unido ás moitas vantaxes que acubillan cada un dos navegadores, non fixo máis que impulsar a creación de ChromeFox, unha ferramenta na que todo pinta ben, sinalan, comezando polo nome.
Fonte: Código cero


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger