NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

domingo, 1 de setembro de 2013

En marcha un directorio independente de artistas galegos: Creatorio


Unha das cousas boas da Rede é que permite facer visíbel o que polas razóns que sexan fica agochado aos nosos ollos. Na Internet tíranse abaixo muros e tabiques, bótase luz sobre cousas de valor até o de agora invisíbeis. Un exemplo disto é o traballo despregado polos nosos artistas gráficos, ilustradores, artesáns ou fotógrafos, xente relacionada co deseño e coa imaxe dixital/analóxica e que normalmente móvese lonxe, por vontade propia, dos circuítos oficiais e das redes de clientela co poder. Pois ben, unha importante representación destes creadores vén de pór en marcha un espazo visíbel de seu, un acubillo-directorio independente a disposición do resto da sociedade. Chámase Creatorio e diríxese tamén a "crear unha relación directa entre cliente-creador, propiciando a interacción entre ámbolos dous introducindo espazos adicados ós comentarios sobre actividades e profesionais".

Asemade encamíñase a estreitar a comunicación, e en consecuencia as posibilidades de colaboración, entre os artistas galegos sexan cales sexan os seus eidos de actividade. O directorio, de balde para creadores e usuarios, aglutina información espallada na Internet para fornecernos dunha xanela única na que petar. Na longa listaxe de obxectivos do proxecto, posto en marcha por Lúa Louro (natural do Ézaro) hai un que implica de cheo aos observadores/consumidores de creatividade galega: cómpre que teñamos en conta, sempre, que hai moito máis do que nos permiten ver os circuítos oficiais, da mesma maneira que hai máis cinema, máis arte, máis literatura, que o que se proxecta, exponse ou publícase.

En Creatorio só aparecerán persoas que residan arestora na nosa terra. Entre os seus cometidos figura o que promover todo tipo de eventos culturais galegos, mobilizando aos artistas para que xunten forzas con colectivos afíns.

2 comentarios:

  1. Por cousas da rede, acabamos inda agora de descubrir que vos fixestedes eco da nosa existencia. Moitas gracias por iso, e animámosvos a participar no MACROSORTEO que imos facer o día 18 de este mes de outubro na nosa páxina de facebook (www.facebook.com/creatorio). ¡Podedes conseguir unha das 5 pezas ofrecidas por creadores galegos!

    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo voso comentario. Desde Bibliopazos queremos facer partícipes a todos os nosos lectores das iniciativas culturais da nosa terra.
      Saúdos

      Eliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger