NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

sábado, 3 de agosto de 2013

Estás na Lúa - LITERATURA INFANTIL

Estás na Lúa
Laura Almazán (tradución) 
Editorial Kalakandra, 2008 
Colección 7  leguas. 

Idade recomendada: + 8 anos 

Baraka pertence a un pobo desterrado cuxos anciáns preservan a memoria colectiva; pero á súa avoa esvaécenselle as lembranzas, como as pegadas borradas da area polo vento do deserto.

-A túa avoa perdeu a cabeza -díxome aquel día a tía Fatma, cando volvín da escola. Á vez que puña as sandalias, sacudiu o meu coxín e achegoume o prato. Logo saíu. Daba uns pasos tan rápidos, que a area do deserto que levantaba empezou a flotar na miña sopa e a pegarse nos meus dentes. Porque, como é natural, eu tiña a boca aberta. Quería pedirlle a tía Fatma que repetise en hassania, o noso idioma, iso de que a miña avoa perdera a cabeza. Tía Fatma apenas sabía español. Era raro que non se equivocase. Diría «cabeza» onde tería que dicir «teteira», por exemplo.

Baraka é unha nena de doce anos que vive nunha tenda do deserto coa súa nai, as súas tías e a súa avoa Bahía. A enfermidade do Alzheimer comeza a arrincarlle a esta última as súas lembranzas.Ese terrible mal simboliza tamén o esquecemento que se cerne como unha ameaza sobre o seu pobo: expulsados hai máis de 30 anos do Sahara Occidental, habitan na inhóspita Hamada arxelina e só os anciáns sinten o baleiro que deixa o desterro da súa patria e o desarraigo; os novos coñécena de oídas porque endexamais a pisaron. Bahía légalle á súa neta unha herdanza inmaterial devalor incalculable: a súa memoria, un elemento que actúa como fío argumental do relato, ao que se engaden outros aspectos, como a importancia da transmisiónoral da cultura, as relacións familiares, a amizade,ou o contraste entre a vida precaria nos campamentos de refuxiados e as comodidades do mundo desenvolvido.

Carmen Montalbán plasma nesta historia a fondaimpresión da súa estanza en Tinduf, a fascinación pola paisaxe do deserto, a hospitalidade da súa xente. O resultado, unha obra comprometida no fondo, sensible na forma, didáctica no seu percorrido literario polo mundo, tenra polo vínculo creado entre neta e avoa; un libro que entra polos sentidos, como o té: suave, amargo e doce, como o amor, a vida e a morte.

As acuarelas de Pilar Millán aportan calidez e colorido, transpórtannos ao reino da area, aos seus espazos e costumes; mais tamén ao mundo das emocións, ossoños e os símbolos evocadores, comoa Lúa.
 
Premios e outras mencións 
Selección os mellores (Banco do Libro de Venezuela) - 2010

Temática:
A memoria, a vida no Sahara, a enfermidade (Alzheimer). 
Aspectos destacables: 
Historia; convivencia lingüística (hassania); cooperación internacional; relacións familiares; multiculturalidade, diferenzas co mundo desenvolvido; a emigración; a morte; as viaxes.

112 Páx.
15 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-673-0

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger