NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

martes, 27 de agosto de 2013

ANTÓN E POMPÓN: Os meses - LITERATURA INFANTIL

ANTÓN E POMPÓN: Os meses
Textos: Mon Daporta
Ilustracións: Anxo Fariña 
Edicións A Nosa Terra. Vigo. 2005

Contos dedicados aos mais pequenos da casa (0-5 anos). Escritos en rima, e con temas moi variados con Antón, Pompón e uns seres máxicos chamados pelelliños.

Antón faise unha lea co calendario con tantos días e tantos meses. Hai que axudarlle unindo os nomes coas cousas que fan. Así: cando comeza o ano, hai neve e vai frío, é xaneiro; febreiro é o máis pequeno, o de Carnaval; marzo é o do tempo revolto; en abril as plantas énchense de flor; maio é un mes de xogos e festas; en xuño remata a escola e comeza o verán; xullo e agosto son para descansar e bañarse fuxindo da calor; en setembro volve a escola; outubro pon as follas de cores e maduran castañas e noces; en novembro faise o magosto; en decembro é o Nadal de alegría e regalos, cando remata o ano.

Todo iso contado en cuartetas sinxelas e directas a ton coas ilustracións a toda páxina, nunha edición en capa dura dun formato distinto e resistente moi manexable polo lectorado ao que se dirixe das primeiras idades lectoras.

Nº páx.: 24
Formato: 12 x 31 cm.
ISBN 84-8341-017-6

En BIBLIOPAZOS dispoñemos tamén dos seguintes títulos desta colección:

ANTÓN E POMPÓN: As horas.



ANTÓN E POMPÓN: Comparacións.


ANTÓN E POMPÓN: As vogais.


ANTÓN E POMPÓN: Os números.

ANTÓN E POMPÓN: As sensacións.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger