NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

sábado, 8 de xuño de 2013

E que podo facer eu? - LITERATURA INFANTIL

E que podo facer eu?
Texto de José Campanari
Ilustracións de Jesús Cisneros
Tradución do castelán de Marisa Núñez
OQO Editora,maio 2008 
+ de 5 anos
 
O señor Xe le as noticias do xornal e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer eu? Un día atopa unha resposta; outro día, outra; e outra máis…
 
Cómpre que os nenos e as nenas saiban que as cousas non son tan doadas para todos. Revelándolles desde ben pequenos, os matices da realidade máis próxima, aínda que, sen que teñan que padecer esas situacións dramáticas, xa poden ir tomando conciencia de como é o mundo que os rodea. Con esta lectura comprenderán ademais, que paga a pena ser activos e implicarse na loita por valores como a igualdade, a solidariedade e a xustiza social. 
 
Este álbum lémbranos que hai que ver máis alá de nós mesmos, e esforzarse un pouco máis en axudar a quen o necesita. Son moitas as cousas que, case sen nos decatar, podemos facer.
 
Abonda con abrirmos os ollos e aprendermos a mirar. Asemade, trata temas como a solidariedade, os valores humanos, e anímamos a que manteñamos unha actitude xenerosa que de seguro contribuirá ao noso crecemento persoal e a que a nosa vida sexa máis satisfactoria. En resumo, un raio de esperanza para que comecemos a cambiar o planeta e nos enfrontemos aos problemas do noso tempo. 
 
Jesús Cisneros combina no traballo plástico, acuarela, tinta e lapis, co traballo dixital, nunhas ilustracións onde a cor e a composición representan un importante papel: espazos baleiros que se enchen a medida que avanza a acción e que nos amosan a evolución persoal do protagonista no plano da imaxe.
 
978-84-9871-049-6
40 páxs.
Cartoné
25 x 23 cm 
 
Fonte: OQO Editora 
 
Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger