NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 12 de abril de 2013

Carapuchiña "en rose" - LITERATURA XUVENIL

Carapuchiña en rose
Anxela Gracián
Ilustrador: Manel Cráneo
Editorial: Everest Galicia, 2010
Colección: Punto de encontro
Idade: +12 anos 

Érase unha vez unha nena á que todo o mundo coñecía polo seu fermoso abrigo vermello con carapucha. Cada semana ía visitar á súa avoa, que vivía ao outro lado do bosque, para levarlle unha cesta chea de lambuzadas. Un día bateu con Lobo. Parecía tan educado, tan atractivo, tan engaiolador, tan respectable? non puido evitar namorarse del?. Carapuchiña "en rose" mantén un diálogo intertextual co conto clásico de Charles Perrault, revisando os roles clásicos femininos e masculinos, e lendo criticamente os modelos de amor que en moitos destes contos reais marabillosos se propoñen. Nesta nova versión de Carapuchiña, as mulleres toman conciencia da idealización do concepto de amor que lles vén imposto dende a máis tenra infancia reflexionando como, en ocasións, estes modelos de amor non son máis ca trampas que agochan actitudes machistas e misóxinas, cuxa finalidade é subxugar as mulleres baixo o poder masculino, patriarcal e dominante. Sen dúbida, Carapuchiña "en rose" é un relato orixinal no que a autora e o ilustrador realizan un excelente diálogo coa tradición contística, demostrando que todo é posible en literatura e que non existen fronteiras posibles.

Idioma: Galego
ISBN: 978-84-403-1140-5
Nº páxinas: 48
Encadernación: RÚSTICA
Formato: 13,5 x 21 cm.

Fonte: Everest

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger