venres, 19 de abril de 2013

ABRIL: MES DO LIBRO E DA LECTURA (II)

Outra das actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS), neste mes con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) foi a seguinte: 

O día 16 de abril tivo lugar o obradoiro denominado "O meu libro favorito" no que os nenos e nenas ián debuxando e recortando en papel de cores os lomos dos seus libros aos que engadían os títulos, debuxos e cores, para despois pegalos nun mural ata conseguir confeccionar unha estantería cos seus libros favoritos. Este foi o resultado:


 

 

PROXIMAS ACTIVIDADES 

Nos próximos días teremos a ocasión de seguir divertíndonos con mais actividades de Aminación á Lectura.

-Día 23 de abril (Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor) :"Violeta a carteira bolboreta" con Enrique Mauricio (MAU) e Carlos Taboada (PIN), ás 11,00 horas na Sala de Lectura.

-Día 29 de Abril: "A Cara dos contos" con Chus Otero, ás 11,30 horas no Auditorio do Concello. 

Estas actividades inclúense dentro do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas "LER CONTA MOITO" promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este ano 2013.


¡Esperámosvos na Biblioteca! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger