NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

xoves, 28 de febreiro de 2013

Vinte e nove contos - LITERATURA ADULTOS

Vinte e nove contos
Quim Monzó
Tradución do catalán de María Xesús Lama López

Un longuísimo coito sempre interrompido e prolongado unha vida enteira, a preparación dun atraco que remata nunha ridícula equivocación, a cruel carta dunha ex-moza que chega cando o destinatario xa se suicidou, un dexenerado confeso que cae en mans dunha obsesiva vexetariana, un escritor que descobre que todas as fantasías das súas novelas son en realidade premonicións que se van cumprindo a posteriori na súa propia vida, un neno obsesionado polo ritual familiar de cortarlles un dedo aos seus fillos ao chegar aos nove anos... son algúns dos personaxes e das historias que circulan por estes Vinte e nove contos de Quim Monzó.

Esta selección da compilación publicada en catalán co título Vuitanta-sis contes é unha mostra do particular mundo do escritor catalán, que algúns críticos se atreveron a catalogar como o mellor escritor de contos de Europa. As obsesións, os equívocos, as particulares interpretacións da realidade que cambian unha vida enteira, as casualidades reais que constrúen o destino individual, a terrible incomunicación no ámbito máis íntimo, as rebelións que se revelan absurdas, en fin, a burla constante que nos fai a vida. Esa é a materia destes contos.

Unhas historias nas que o individuo se converte a miúdo nun ridículo monicreque en mans da casualidade. Pero o peculiar humor con que se narran afasta definitivamente o ton da traxedia e incita a un sorriso permanente.

Páxinas: 232
ISBN: 978-84-7824-548-2 

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger