NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 14 de xaneiro de 2013

Xadrez para Todos en GALEGO


Xadrez para Todos, unha colección composta por diversos manuais de iniciación e perfeccionamento deste antigo xogo de estratexia, xa dispón de dous novos volumes en lingua galega. Trátase das obras necesarias para conseguir un nivel intermedio neste deporte, Intermedio1 e Intermedio2.

Logo de facilitar a edición en galego do primeiro e do segundo manual de iniciación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de poñer á disposición da cidadanía, en lingua galega, os dous volumes que completan o nivel intermedio da colección.
Estes dous novos manuais inciden en diversos conceptos tácticos e de estratexia, que afondan nos contidos da apertura,  na táctica no medio xogo e no final da partida.

Iniciación 1 e 2
Estes dous novos volumes complementan o primeiro manual de iniciación, pensado para aqueles que queren adentrarse por primeira vez neste xogo. E tamén se lle dá continuidade ao segundo volume da colección, Iniciación 2, que afonda nos conceptos xa aprendidos, reflexionando sobre os erros máis comúns, as aperturas e os finais básicos.

Xadrez para Todos confórmano materiais pedagóxicos para o ensino do xadrez nos ámbitos educativo, deportivo e lúdico artellados a través dun completo currículo en contidos e en obxectivos axeitados para poder ensinar e aprender o xogo do xadrez dunha forma doada, pedagóxica universal e continuada. Ao mesmo tempo, para facilitar a aprendizaxe, as obras desta colección presentan, mediante un importante apoio visual, os conceptos do xadrez de forma progresiva. Tamén formulan exercicios de dificultade gradual para cada concepto explicado co fin de favorecer a súa aprendizaxe.

A metoloxía destas publicacións permite unha aprendizaxe autodidacta, aínda que sempre se conseguirá un mellor aproveitamento dos contidos traballando cos profesores ou con outros compañeiros.

Recursos pedagóxicos de calidade en galego
Xadrez para Todos é unha colección promovida por Balàgium Editors. Ao facer posible a súa dispoñibilidade en galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca contribuír a ampliar os recursos didácticos nesta lingua dirixidos ao ámbito do ensino do xadrez. Deste xeito, a existencia dun material didáctico en galego e accesible para todos convértese nunha ferramenta fundamental para docentes e monitores, que con esta obra dispoñen dunha serie de recursos de calidade pedagóxica.

As virtudes do xogo do xadrez para o desenvolvemento cognitivo son coñecidas desde vello. Pero este deporte constitúe, ademais, unha valiosa ferramenta para compartir un tempo de lecer con outras persoas, de calquera idade. Malia todo, as publicacións existentes sobre a estratexia deste xogo non son moi numerosas. Isto fai aínda máis merecente de celebración a aparición destes materiais en galego, que nos permiten acceder ao xadrez desde a lingua galega.

Libros publicados desta colección:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger