NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

luns, 5 de novembro de 2012

Outono de Ciencia


Novembro non é só o mes da mata, dos magostos e do Samaín. Tamén é, dende hai unha década, o mes da ciencia e, dende hai tres anos, o mes da ciencia e da tecnoloxía en galego.

No ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e, nomeadamente, na erradicación da pobreza e a prol da seguridade humana. Tamén persegue unha maior conciencia social da importancia da ciencia e reducir a fenda existente entre a ciencia e a sociedade.

Dende hai tres anos, a celebración da UNESCO foi adoptada nos centros educativos galegos como Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego. O obxectivo principal desta efeméride, en consonancia co achegamento entre lingua e sociedade e mais co papel da ciencia a prol do desenvolvemento humano que propugna a UNESCO, é o de mostrar que a lingua galega é útil para facer ciencia e, no eido do ensino, para impartir as materias científico-técnicas.

Ramón Verea
Este ano, o profesorado agrupado arredor de IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) propón centrar a celebración na tecnoloxía e nas figuras de Leonardo da Vinci e mais do galego Ramón Verea, inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.
Ramón Silvestre Verea García (Curantes-A Estrada, 1833 – Bos Aires, 1899) é un dos pais das modernas máquinas de calcular. En 1878 patentou nos Estados Unidos de América un enxeño que, a diferenza dos seus predecesores –que só sumaban e restaban amodo- era capaz de multiplicar e de dividir instantaneamente incluíndo ata 15 cifras no resultado. O seu invento supuxo unha enorme contribución ao futuro desenvolvemento da computación. O prototipo deseñado por Ramón Verea exponse hoxe na colección de enxeños de cálculo que IBM ten na súa sé de Nova York. 

O mércores 7 de novembro, ás 12.45 h, Olimpio Arca Caldas, biógrafo de Ramón Verea, impartirá unha conferencia organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela. No seu relatorio, presentaralle ao alumnado deste centro a vida e a obra do ilustre estradense.

Recursos para celebrar a ciencia e a tecnoloxía en galego
Para a celebración deste ano, IGACIENCIA propón centrarse na bicicleta e mais na construción dunha ponte deseñada por Leonardo da Vinci.

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) pon á nosa disposición tamén un interesante xogo chamado Tecnopoly. A partida desenvólvese sobre un taboleiro semellante ao do Monopoly, onde as rúas que se poden mercar foron substituídas por patentes ou dereitos de explotación dos inventos máis relevantes da historia da humanidade.

A Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización da Lingua Galega e mais o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago propoñen un ano máis unha videoconferencia para alumnado de educación secundaria que se celebrará o día 6 de novembro.O título desta videoconferencia é "Facendo física de partículas polo mundo" e nela o estudantado poderá dialogar con cinco físicos galegos que participan nos experimentos do LHC e que relatarán a súa experiencia profesional e mais as vantaxes que o coñecemento do galego lles supuxo para o desenvolvemento do seu labor científico

Se ben estas tres propostas de traballo se dirixen a alumnado de secundaria, o Día da Ciencia tamén se traballa en infantil e primaria. Para mostra, velaquí diferentes materiais elaborados por equipos de dinamización da lingua galega destas etapas educativas:
Léxico científico
A Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu Servizo de Normalización, pon a disposición do público unha serie de vocabularios do ámbito científico que poden resultarlles útiles ao profesorado e ao alumnado para traballaren en galego.

Outros recursos de interese

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger