NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

sábado, 27 de outubro de 2012

Redes sociais en Galego



A Xunta de Galicia e, como parte dela, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, sumouse á campaña cidadá para conseguir a tradución da rede social Twitter ao galego e, en xeral, de apoio a todas as redes sociais na nosa lingua. É unha vía máis para alcanzar os obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG) no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación.

As TIC no Plan xeral

O PXNLG distingue tres sectores transversais de importancia estratéxica: dereitos lingüísticos, implementación do corpus e novas tecnoloxías. Con respecto ás TIC, o Plan recoñece que “a eficacia neste sector vai ser a clave do futuro da lingua galega, porque do éxito neste sector vai depender a imaxe que os galegos e os non galegos teñan desta lingua; e da imaxe da lingua depende o uso”. Os obxectivos estratéxicos que o PXNLG recolle para o sector das tecnoloxías da información e da comunicación son os seguintes:

1. Fomentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías

2. Lograr unha oferta ampla e competitiva de produtos e recursos informáticos en galego

3. Potenciar presenza da lingua galega en Internet

4. Potenciar a investigación da tradución automática, a síntese de voz e outras novas técnicas que faciliten a opción positiva no mercado da información e da comunicación, e que aseguren a libre circulación do galegos nos sistemas avanzados da vida moderna

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger