NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

sábado, 26 de setembro de 2026

CONVOCATORIA DO "VIII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Ola neste novo día seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

Dentro das actividades previstas para Setembro e Outubro e que forman parte do programa de dinamización da Lingua Galega deste ano "OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA E CERTAME DE RELATO CURTO 2026"; financiadas polo Concello de Pazos de Borbén e polo Sevizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Como en anos anteriores temos organizadas novas actividades para as vindeiras semanas nas que poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria residente no municipio que estivera ou estea cursando estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria nos colexios públicos do concello durante os cursos 2025/2026 e/ou 2026/2027; e tamén os usuarios dos Centros de Atención a Persoas con Diversidade Funcional que teñan a súa sede e actividade en de Pazos de Borbén.


Publicamos hoxe a CONVOCATORIA do “VIII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" no que, como en anos anteriores, haberá sete (7) categorías para poder participar:

  • Categoría A: Persoas con diversidade funcional
  • Categoría B: Alumnado de Educación Infantil
  • Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
  • Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria
  • Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria
  • Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO
  • Categoría G: Alumnado de 3º e 4º de ESO

    O Prazo de presentación dos traballos abrirase o 28 de Setembro e rematará o 13 de Novembro de 2026.

    Cada participante poderá presentar un único traballo que deberá ser orixinal, inédito, ESCRITO EN LINGUA GALEGA e non premiado.

    Na Categoría A: Persoas con diversidade funcional poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa unha ou máis frases alusivas ao mesmo; ou un relato escrito que se entregará en formato A4 por unha soa cara, manuscrito en letra clara ou ben impreso en tipo de letra Arial, tamaño 14 puntos e entreliñado 1,5 liñas. A extensión mínima será dunha (1) páxina e máxima de dúas (2) páxinas.

    Na Categoría B: Alumnado de Educación Infantil poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara.

    As persoas participantes na Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa unha ou dúas frases alusivas ao debuxo presentado.

    E nas restantes categorías  deberán presentar os traballos en papel e entregaranse en formato A4 por unha soa cara, manuscritos en letra clara ou ben impresos en tipo de letra Arial, tamaño 14 puntos e entreliñado 1,5 liñas. A extensión mínima será dunha (1) páxina e máxima de catro (4) páxinas.

    A temática dos relatos será LIBRE se ben valorarase que incida preferentemente nas seguintes materias:

    • A igualdade, a diversidade, a tolerancia, o respecto e a prevención da violencia de xénero como valores esenciais para a convivencia entre homes e mulleres.
    • A recollida de historias e lendas locais transmitidas oralmente de avós/avoas, a pais/nais, a fillos/as e a netos/as que favorezan o coñecemento do patrimonio inmaterial de Pazos de Borbén.
    • A recollida de toponimia e microtoponimia dos lugares, barrios e parroquias do concello.

    Haberá dous premios por cada categoría que consistirán en:

    Categoría A: Persoas con diversidade funcional

    • 1º premio: Unha tableta electrónica + un lote de libros.
    • 2º premio: Un lote de libros.

     Categoría B: Alumnado de Educación Infantil

    • 1º premio: Un lote de libros
    • 2º premio: Un lote de libros.

     Resto das categorías (C, D, E, F e G):

    • 1º premio: Unha tableta electrónica + un lote de libros.
    • 2º premio: Un lote de libros.

    Co obxecto de fomentar a lectura en lingua galega e o traballo cooperativo entregarase tamén un lote de libros a cada unha das aulas do colexio e aos centros de atención a persoas con diversidade funcional que presenten máis de catro participantes ao certame. Todos os participantes non premiados recibirán un libro de agasallo.

    Para mais información sobre o "VIII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" podes descargar as BASES do certame facendo click AQUÍ.

    Desde BIBLIOPAZOS animamos a todo o profesorado, aos pais, nais e demais familiares do alumnado e dos usuarios da Asociación ASPAVI para que os estimulen a escribir e e a debuxar para participar neste nova convocatoria do certame que chega a súa 8ª edición.

    Co obxecto de facilitar a participación no VIII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN, temos organizado varios Obradoiros de Creación Literaria que se desenrolarán entre os meses de setembro e outubro e dos que iremos informando nos vindeiros días.

    Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

    EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

    xoves, 24 de setembro de 2026

    OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA "CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" con MIGUEL ALONSO DIZ

     

    Comezamos a primeira actividade do programa de "Obradoiros de Creación Literaria e Certame de Relato Curto" do Proxecto de Actividades de Dinamización da Lingua galega do ano 2026 da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra o próximo venres 24 de setembro co Obradoiro de Creación Literaria "CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" que será impartido polo escritor, poeta, docente e contacontos MIGUEL ALONSO DIZ e nel participará todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; o alumnado de Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.

    Realizarase nas instalacións escolares e da Asociación ASPAVI en 9 sesións de entre 50 e 90 minutos cada unha delas nos seguintes días e  horarios:

    Xoves, 24 de Setembro:
    13:00 a 14:30            3º de Primaria CPI Pazos
    Venres, 25 de Setembro:
    13:00 a 14:30            5º de Primaria CPI Pazos
    Xoves, 1 de Outubro:
    13.00 a 14:15            1º de Primaria CPI Pazos
    Venres, 2 de Outubro:
    13:00 a 14:30            6º de Primaria CPI Pazos
    Xoves, 8 de Outubro:
    13:00 a 13:50            Infantil CPI Pazos
    Venres, 9 de Outubro:
    13:00 a 14:30            4º Primaria CPI Pazos
    Xoves, 15 de Outubro:
    13:00 a 13:50            Infantil EEI A Galeriña
    15:30 a 17:00            Asociación ASPAVI
    Venres, 16 de Outubro:
    13:00 a 14:15            2º Primaria CPI Pazos

    Neste novo Obradoiro de Creación Literaria ensinarase ao alumnado participante os procesos de creación. Camiñando pola palabra, tanto escrita como oral, a imaxe e mesmo a expresión teatral para dotar dunha visión o máis completa posible; sempre adaptándose ao nivel da rapazada participante e dando resposta ás necesidades de cada grupo e de cada persoa.

    Nas actividades buscarase fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola nosa lingua.

    Todas estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en branco.

    Dende os ciclos de infantil ata 6º de primaria, pasando polas usuarios dos colectivos de persoas con diversidade funcional, pretendemos achegar a un colectivo de persoas máis amplo o labor desenvolto a través de obradoiros adaptados a cada idade e circunstancia.

    Os obxectivos que se pretende conseguir son os seguintes:

    ·         Incentivar a creatividade e o valor da orixinalidade.

    ·     Estimular a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o aprecio e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio histórico), como inmaterial.

    ·  Asociar a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de aprendizaxe.

    ·     Enlazar elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a narración oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno familiar.

    ·         Incentivar a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.

    ·         Escribir como ferramenta de expresión dun mesmo.

    ·         Fomentar o uso da lingua galega.

    ·      O emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión integradora na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.

    Os obradoiros están estruturados en cinco niveis:

    - Primeiro nivel: Ciclo de Infantil (50’)

    ·         Contos no país da choiva.

    ·         Narrar a través da imaxe.

    - Segundo nivel: 1º e 2º de Primaria (75’)

    ·         Os soños de Esther e de Emma.

    ·         Son o/a protagonista?

    ·         A nosa propia historia. Debuxamos.

    - Terceiro nivel: 3º e 4º de Primaria (90’)

    ·         Traballo en grupo. (Escrita, debuxo e teatro).

    ·         Imaxínate que un día ao saír da casa...

    - Cuarto nivel: 5º e 6º de Primaria (90’)

    ·         Traballo en grupo. (Escrita, banda deseñada, teatro...).

    ·         Imaxínate que un día ao saír de casa...

    -Quinto nivel: Colectivos de persoas con diversidade funcional

    ·         Unha sesión de contos.

    ·         Continuamos a historia.

    MIGUEL ALONSO DIZ é escritor, poeta, docente, contacontos, presentador, divulgador cultural e, sobre todo, persoa.

    É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Participou en diferentes iniciativas culturais e recitais en Galicia e Portugal, amais de nos principais festivais de poesía de Galicia.

    Traducidos os seus libros ao castelán, e editados, por decisión do autor, para fóra de Galicia, están presentes en colexios e bibliotecas de México, Puerto Rico e en diversas comunidades da xeografía española.

    Colaborador habitual dos Servizos de Normalización e Dinamización Lingüística realiza diversas actividades creativas (conta contos, obradoiros) nos centros educativos e bibliotecas, nos que achega á rapazada e adultos o mundo da literatura e a creación.

     Dende o ano 2022 é editor de poesía na Editorial Antela.

     Obra coa ilustradora LUZ BELOSO: 

    ·         O cullarapo Croque (2012)

    ·      A nena á que non deixaban ser feliz (2013). Libro seleccionado polo SEP (Servicio de Educación Pública) de México entre máis de 10.000 títulos de España e latino América, para a súa incorporación ás bibliotecas de aula dos centros de ensinanza pública de todo o país.

    ·   O soño de Esther (2014) 3º mellor libro no apartado de literatura infantil segundo Fervenzas literarias. Finalista dos premios ISAAC DÍAZ PARDO mellor libro ilustrado 2014 e NEIRA VILAS mellor libro infantil xuvenil 2014.

    ·     O valente coello que quixo soñar (2015) Finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016.

    Os catro títulos mencionados foron elixidos para formar parte de programas educativos do goberno de Puerto Rico.

    ·      MEL, unha mosca agradecida (2016) libro CD. Premio booktrailer realizado por Luz Beloso. “Mel, unha mosca agradecida” no Festival de Cans.

    ·     Piratas no recreo (2018) Belagua edicións. En colaboración con ARELAS (Asoc. de familias de menores trans)

    ·         Unha folla vermella (2020), álbum ilustrado para adultos.

    ·         Instrucións para ler este libro (2022) Xerais.

    ·         O soño de Emma (2024) Edicións Embora.

    ·         De príncipes, princesas e outras andrómenas (2025) Xerais.

    Obra con outros ilustradores: 

    ·         Música no faiado (2018) Xerais e ilustrado por Laura Tova. Finalista na Gala do Libro Galego 2019.

    ·         “O xigante de Allariz” (2021) Antela Editorial. Escrito con Xabier Domínguez e ilustrado por Tania Martíns.

    ·         “O país da choiva” (2021) Antela Editorial e ilustrado por Xosé Tomás. Libro apoiado pola Deputación de Ourense e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. 

    Enlace a wikipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_%C3%81ngel_Alonso_Diz

    Recoñecementos:

    §  Segundo premio do Certame de relatos Ciencia que conta no 2010.

    §  Premio do I Certame de micro-relatos OZOCOgz no 2013.

    §  Premio Olloboi Orixinal no 2014, por A muller lamprea IV.

    §  Premio no Festival Internacional de Curtas de Bueu por Cabelos de Batalla, feito no obradoiro de plástica do IES As Barxas.

    §  Premio "Paraugas" 2017 do Cluster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano con "Manual del Bullying", editado por Nova Galicia.

    Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

    EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

    mércores, 23 de setembro de 2026

    PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2026 - OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA E VIII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

    Ola de novo seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

    Iniciamos a programación das actividades de outono-inverno con novas actividades para as vindeiras semanas a través do programa de "OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA E CERTAME DE RELATO CURTO" do Programa de actividades de dinamización da lingua galega do ano 2026 que conta co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

    Os principais obxectivos deste programa son os de promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio, sobre todo entre a poboación infantil, a mocidade e as persoas con diversidade funcional; animando á creación literaria e á lectura a través da realización de diversos obradoiros e da convocatoria dunha nova edición dun certame literario en lingua galega; ademais tamén se pretende promover e facilitar a plena integración na sociedade dos colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional, a través do emprego da expresión artística e literaria en lingua galega.

    Poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria residente no municipio que estivera ou estea cursando estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria nos colexios públicos do concello durante os cursos 2025/2026 e/ou 2026/2027; e tamén os usuarios dos Centros de Atención a Persoas con Diversidade Funcional que teñan a súa sede e actividade en Pazos de Borbén.

    A primeira actividade iniciarase o próximo venres 24 de setembro co Obradoiro de Creación Literaria "CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" que será impartido polo escritor, poeta, docente e contacontos MIGUEL ALONSO DIZ e nel participará todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; o alumnado de Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.

    Realizarase nas instalacións escolares e da Asociación ASPAVI en 9 sesións de entre 50 e 90 minutos cada unha delas nos seguintes días e  horarios:

    Xoves, 24 de Setembro:
    13:00 a 14:30            3º de Primaria CPI Pazos
    Venres, 25 de Setembro:
    13:00 a 14:30            5º de Primaria CPI Pazos
    Xoves, 1 de Outubro:
    13.00 a 14:15            1º de Primaria CPI Pazos
    Venres, 2 de Outubro:
    13:00 a 14:30            6º de Primaria CPI Pazos
    Xoves, 8 de Outubro:
    13:00 a 13:50            Infantil CPI Pazos
    Venres, 9 de Outubro:
    13:00 a 14:30            4º Primaria CPI Pazos
    Xoves, 15 de Outubro:
    13:00 a 13:50            Infantil EEI A Galeriña
    15:30 a 17:00                 Asociación ASPAVI
    Venres, 16 de Outubro:
    13:00 a 14:15            2º Primaria CPI Pazos

    Nesta novo Obradoiro de Creación Literaria ensinarase ao alumnado participante os procesos de creación. Camiñando pola palabra, tanto escrita como oral, a imaxe e mesmo a expresión teatral para dotar dunha visión o máis completa posible; sempre adaptándose ao nivel da rapazada participante e dando resposta ás necesidades de cada grupo e de cada persoa.

    Nas actividades buscarase fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola nosa lingua.

    Todas estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en branco.

    Dende os ciclos de infantil ata 6º de primaria, pasando polas usuarios dos colectivos de persoas con diversidade funcional, pretendemos achegar a un colectivo de persoas máis amplo o labor desenvolto a través de obradoiros adaptados a cada idade e circunstancia.

    Os obxectivos que se pretende conseguir son os seguintes:

    • Incentivar a creatividade e o valor da orixinalidade.
    • Estimular a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o aprecio e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio histórico), como inmaterial.
    • Asociar a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de aprendizaxe.
    • Enlazar elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a narración oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno familiar.
    • Incentivar a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.
    • Escribir como ferramenta de expresión dun mesmo.
    • Fomentar o uso da lingua galega.
    • O emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión integradora na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.

    Os obradoiros están estruturados en cinco niveis:

    - Primeiro nivel: Ciclo de Infantil (50’)

    ·         Contos no país da choiva.

    ·         Narrar a través da imaxe.

    - Segundo nivel: 1º e 2º de Primaria (75’)

    ·         Os soños de Esther e de Emma.

    ·         Son o/a protagonista?

    ·         A nosa propia historia. Debuxamos.

    - Terceiro nivel: 3º e 4º de Primaria (90’)

    ·         Traballo en grupo. (Escrita, debuxo e teatro).

    ·         Imaxínate que un día ao saír da casa...

    - Cuarto nivel: 5º e 6º de Primaria (90’)

    ·         Traballo en grupo. (Escrita, banda deseñada, teatro...).

    ·         Imaxínate que un día ao saír de casa...

    -Quinto nivel: Colectivos de persoas con diversidade funcional

    ·         Unha sesión de contos.

    ·         Continuamos a historia.

    MIGUEL ALONSO DIZ é escritor, poeta, docente, contacontos, presentador, divulgador cultural e, sobre todo, persoa.

    É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Participou en diferentes iniciativas culturais e recitais en Galicia e Portugal, amais de nos principais festivais de poesía de Galicia.

    Traducidos os seus libros ao castelán, e editados, por decisión do autor, para fóra de Galicia, están presentes en colexios e bibliotecas de México, Puerto Rico e en diversas comunidades da xeografía española.

    Colaborador habitual dos Servizos de Normalización e Dinamización Lingüística realiza diversas actividades creativas (conta contos, obradoiros) nos centros educativos e bibliotecas, nos que achega á rapazada e adultos o mundo da literatura e a creación.

     Dende o ano 2022 é editor de poesía na Editorial Antela.

    Obra coa ilustradora LUZ BELOSO:

    • O cullarapo Croque (2012)
    • A nena á que non deixaban ser feliz (2013). Libro seleccionado polo SEP (Servicio de Educación Pública) de México entre máis de 10.000 títulos de España e latino América, para a súa incorporación ás bibliotecas de aula dos centros de ensinanza pública de todo o país.
    • O soño de Esther (2014) 3º mellor libro no apartado de literatura infantil segundo Fervenzas literarias. Finalista dos premios ISAAC DÍAZ PARDO mellor libro ilustrado 2014 e NEIRA VILAS mellor libro infantil xuvenil 2014.
    • O valente coello que quixo soñar (2015) Finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016.

    Os catro títulos mencionados foron elixidos para formar parte de programas educativos do goberno de Puerto Rico.

    •  MEL, unha mosca agradecida (2016) libro CD. Premio booktrailer realizado por Luz Beloso. “Mel, unha mosca agradecida” no Festival de Cans.
    • Piratas no recreo (2018) Belagua edicións. En colaboración con ARELAS (Asoc. de familias de menores trans)
    • Unha folla vermella (2020), álbum ilustrado para adultos.
    • Instrucións para ler este libro (2022) Xerais.
    • O soño de Emma (2024) Edicións Embora.
    • De príncipes, princesas e outras andrómenas (2025) Xerais.

    Obra con outros ilustradores:

    • "Música no faiado" (2018) Xerais e ilustrado por Laura Tova. Finalista na Gala do Libro Galego 2019.
    • “O xigante de Allariz” (2021) Antela Editorial. Escrito con Xabier Domínguez e ilustrado por Tania Martíns.
    • “O país da choiva” (2021) Antela Editorial e ilustrado por Xosé Tomás. Libro apoiado pola Deputación de Ourense e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
    Enlace a wikipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_%C3%81ngel_Alonso_Diz

     Recoñecementos:

    • Segundo premio do Certame de relatos Ciencia que conta no 2010.
    • Premio do I Certame de micro-relatos OZOCOgz no 2013.
    • Premio Olloboi Orixinal no 2014, por A muller lamprea IV.
    • Premio no Festival Internacional de Curtas de Bueu por Cabelos de Batalla, feito no obradoiro de plástica do IES As Barxas.
    • Premio "Paraugas" 2017 do Cluster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano con "Manual del Bullying", editado por Nova Galicia.
    -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    O segundo obradoiro "OS XOGOS DA ESCRITA. COMO MOVER AS PEZAS DOS RELATOS” será impartido pola escritora, xornalista e docente ANDREA BARREIRA FREIJE para todo o alumnado de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Terá lugar tamén nas instalacións do colexio en catro sesións dunha duración de hora e media cada unha e se realizarán nas seguintes datas e horarios:

    Mércores, 7 de outubro
    09:30 a 11:10 - 1º ESO
    12:20 a 14:00 - 2º ESO

    Xoves, 8 de outubro
    09:30 a 11:10 - 4º ESO
    12:20 a 14:00 - 3º ESO

    Es quen de escribir un relato nunha hora e media? Atréveste a enfrontarte á folla en branco? Este é un obradoiro de narrativa onde se aprende a usar as ferramentas básicas para escribir un relato. A través do xogo, quen participe descubrirá que hai detrás do principio, nó e desenlace.

    Escribir é coma xogar. Primeiro precisas coñecer as normas, as pautas básicas de como se desenvolve a escrita, as técnicas, as estratexias, os elementos narrativos… Despois, toca pulir e practicar unha e outra vez ata conseguir que a nosa historia (o noso xogo) sexa o máis atractiva posible.

    Nos obradoiros de narrativa detémonos a reflexionar sobre o punto de vista desde o que contar a historia (o narrador), sobre como construír personaxes sólidas, cribles e coas que sentirnos identificadas, detémonos nos espazos onde transcorre a acción e xogamos cos tempos coma se tiveramos as horas e os días nas nosas mans. Todo isto, tecido nunha trama, onde cada xiro nos leva a un final distinto.

    “Os xogos da escrita. Como mover as pezas dos relatos” é un obradoiro de narrativa adaptado a cada curso ao que vai dirixido e que na presente edición contará coa colaboración do profesorado. Por unha banda, a partir das bases do VIII Certame de Relato Curto Pazos de Borbén, abordaremos a construción dunha historia na que serán fundamentais os intereses de cada participante, tanto para facilitar a escrita, como para lograr un texto co que se sintan identificados e orgullosos. Por outra, subliñaremos a importancia da imaxinación e creatividade propia a fin de comprender que o ser humano pode chegar máis lonxe que a IA.

    A partir das ideas que vaian xurdindo estruturaremos a narración para facela interesante, atractiva e dinámica. Veremos como mudan as historias en función das personaxes e voces narradoras escollidas. Tiraremos do fío para que o relato flúa de xeito natural, usando cada elemento narrativo ao favor da historia.

    Ao remate da sesión, leremos os fragmentos desenvoltos para, dun xeito construtivo, analizar entre toda a aula o texto. Unha visión allea ao texto sempre axuda a mellorar as creacións e enriquecer o proceso. Cómpre salientar, que durante o obradoiro a rapazada ten o “comodín do público” co que poden pedir axuda a compañeiros e compañeiras. Malia que o proceso sexa individual, contar co apoio da aula, sempre é un bo xeito de evitar bloqueos creativos e ter varias opcións que axuden a avanzar e facer o proxecto o máis interesante e próximo para quen le.

    A actividade non terminará na sesión do obradoiro. Seguindo a cronoloxía de escrita dunha autora, conformaranse grupos de 3 ou 5 persoas (en función do número de alumnos de cada aula) que servirán coma lectores beta, por último, contarase coa colaboración do profesorado para a fase de revisión final, coma se este cumprise a función de edición. Así verán o proceso completo, desde a escrita inicial á final.

    O presente obradoiro impartirase para a rapazada de 1º a 4º da ESO. Cada persoa escribirá un relato, no que se mesturarán as temáticas do VIII Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén, coas ferramentas máis básicas da creación narrativa e aquelas que lles permitan arriscar nas voces narradoras ou nos xiros das historias

    1º ESO: A través dun xogo, a rapazada aprenderá que é un narrador, como se constrúen as personaxes, como inflúe o espazo na historia que contamos, como o tempo determina a acción. Todo isto ordenarase nunha trama lineal na que a narración resultante será divertida, distendida e extravagante.

    2º ESO: Despois da base creada o curso anterior, descubrirán como usar as ferramentas narrativas para levar ao seu terreo as bases do concurso municipal. Isto permitirá descubrir unha variedade máis ampla dentro dos elementos narrativos.

    3º ESO: A partir da tradición oral, a rapazada aprenderá a adaptar as historias acontecidas no pasado, ao presente. Deste xeito, recupérase, revísase e actualízase a aprendizaxe e a memoria colectiva cunha ollada do presente.

    4º ESO: Neste curso profundaremos en como podemos xogar coas estruturas (inversa e circular principalmente, aínda que tamén in media res) e variar principios e finais, para poder experimentar cos xiros e descubrir outras formas de contar.

    ANDREA BARREIRA FREIJE forma parte actualmente de 7H Cooperativa cultural, onde se dedican á xestión cultural e á educación vinculada á creatividade, desde as artes e cunha perspectiva social.

    Ten realizados talleres de narrativa para adolescentes e adultos en Taller Abierto_Gestión Cultural (Pontevedra); sobre igualdade para crianzas, rapazada e adultos da man de Lilith Acción Social e Educativa; sobre temática medioambiental coa empresa Molotov; talleres de escrita para distintas idades en bibliotecas como a de Castrillón, Fórum Metropolitano (A Coruña), O Saviñao (Lugo), Ánxel Casal (Santiago de Compostela), Irixoa (A Coruña)... por mencionar só algunhas, en escolas, institutos e Feiras do Libro.

    Colabora mensualmente na sección de cultura do Nós Diario cun artigo en profundidade. En xullo de 2021, publicou un relato no suplemento “Máis” do mesmo xornal e durante o mes de agosto de 2020 unha serie de microrrelatos.

    Forma parte do colectivo feminista de crítica literaria A Sega, onde realiza recensións de libros e colabora na organización de eventos, talleres e comunicación.

    En 2023 foi premiada co Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, co libro Quen precisa unha avoa?, publicado por Xerais en 2024.

    En 2021 publicou a biografía para público infantil Desmontando o corpo, construíndo a ciencia. As xemelgas Fernández de la Vega, en Baía Edicións.

    En 2018, a novela Palabra de Bruxa, na colección Costa Oeste da Editorial Galaxia.

    En 2015, a novela xuvenil de xénero fantástico, Non hai luz sen escuridade, baixo o selo de Urco Editora.

    Participou nas antoloxías colectivas O libro dos libros (Editorial Galaxia), Contos do Sacaúntos. Romasanta o criminal (Urco Editora), Lendas de Gallaecia, Segunda Era e Encontros na Terceira Fase de Contos Estraños, Tebras na Alma (autoedición), e Contos de Verán (Redelibros).

    Escribiu o conto infantil de Nadal, Que pode saír mal? para as actividades Pontexogos (Pontevedra) do Nadal 2016/17. Colaborou en Ilusionaria IV, antoloxía solidaria de contos para crianzas e escribiu historias infantís na web de promoción da lectura Boolino.

     ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


    E nos próximos días publicaremos a convocatoria do “VIII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" no que, como en anos anteriores, haberá 7 categorías para poder participar:
    • Categoría A: Persoas con diversidade funcional
    • Categoría B: Alumnado de Educación Infantil
    • Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
    • Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria
    • Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria
    • Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO
    • Categoría G: Alumnado de 3º e 4º de ESO

    O PRAZO DE PRESENTACIÓN dos traballos abrirase do 28 de setembro ao 13 de Novembro de 2026.

    Desde BIBLIOPAZOS animamos a todo o profesorado, aos pais, nais e demais familiares do alumnado para que os estimulen a escribir e a participar neste nova convocatoria do certame que chega a súa 8ª edición.

    Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

    EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

    BUSCAR NO BLOG


    gadgets para blogger