NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

sábado, 6 de outubro de 2018

INVENTARIO ILUSTRADO DE FLORES


INVENTARIO ILUSTRADO DE FLORES
Autora: Virgine Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Edita: Kalandraka Editora

Colección: Faktoria de libros

Xénero: Literatura Infantil - Botánica

Idade recomendada: +6 anos

As páxinas do "Inventario ilustrado de flores" son un festival de colorido (e de aromas suxeridos) que, a través de 62 tipos de flores, nos leva de viaxe por todo o mundo: dende as rexións de África do Sur de onde vén a ave do paraíso, ata a illa indonesia de Sumatra  de onde é orixinario o efémero aro xigante, pasando polas pradarías próximas onde medran as margaridas.

Silvestres e cultivadas, e cunha orixinal clasificación por colores para facilitar a súa localización, cada lámina presenta unha ou dúas especies de flores identificadas polo seu nome común e científico, altura e época de floración, xunto cunha breve descrición con aspectos como a súa procedencia, aplicacións medicinais e mesmo culinarias, curiosidades ou alertas sobre o seu nivel de conservación. Antes de entrar en materia, Virginie Aladjidi presenta nunha introducción as partes da flor, o seu proceso reprodutivo a través da polinización e os modos de crecemento.

ISBN: 978-84-16721-09-2
Nº de páxinas: 72
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 30 cm.

OS ANIMAIS DO BOSQUE


OS ANIMAIS DO BOSQUE
Ilustradora: Anne Passchier
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +2 anos

O raposo fai todas as fins de semana a súa andaina en familia? Pois non.

Ven descubrir a verdade sobre algúns dos animais que habitan os bosques.

Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose.

ISBN: 978-84-9995-269-7
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 19,5 x 19,5 cm.

venres, 5 de outubro de 2018

PROXECTO DE INTEGRACIÓN DA MOCIDADE E PROXECTO DE FORMACIÓN E APOIO AO EMPREGO PARA MULLERES PROMOVIDOS POR RACIO ECCA FUNDACIÓN

PROXECTO DE INTEGRACIÓN DA MOCIDADE


PROXECTO DE FORMACIÓN  E APOIO AO EMPREGO PARA MULLERES

Ambos proxectos de formación gratuítos están subvencionados pola Consellería de Política Social con acciones de formación en modalidade semipresencial que se levarán a cabo entre os meses de Outubro e Decembro de 2018

Os cursos a realizar son:

  • Mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes no domicilio.
  • Características e necesidades de atención hixiénico-sanitaria das persoas dependentes.
  • Alfabetización informática para a busca de emprego
  • Obradoiros de habilidades sociais e estima persoal
  • Obradoiros de preparación de entrevistas de traballo
  • Internet como ferramenta para a busca de formación e emprego

Máis información:

Radio ECCA Fundación
Rúa Velázquez Moreno 9, 1º
Tlf: 986 227 315 - 610 378 002


OS ANIMAIS DA GRANXA


OS ANIMAIS DA GRANXA
Ilustracións: Anna Passchier
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +2 anos

A ovella vai ao salón de peiteado  cortar os seus fermosos bucles? Pois non.
Ven descubrir a verdade sobre os animais da granxa.

Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose.

ISBN: 978-84-9995-270-3
Nº de páxinas: 18
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 20 cm.


xoves, 4 de outubro de 2018

O CASTIÑEIRO DO APALPADOR


O CASTIÑEIRO DO APALPADOR
Autor: Inacio Vilariño
Ilustrador: Nuria Díaz
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Teatro

Idade recomendada: +8 anos

Cal e a orixe do Apalpador?
Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos?
Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificamente ilustrada a toda cor.

ISBN: 978-84-9995-234-5
Nº de páxinas: 27
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 19,5 cm.

mércores, 3 de outubro de 2018

NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA


NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA
Autor: Pablo Nogueira
Ilustrador: Manuel Uhía
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Nube Branca devece por ver as estrelas de preto e coñecer a Lúa e os planetas do sistema solar. Tras o fracaso da construcción dun foguete espacial, procura a axuda de Clarisa, Cacharrante, Antón e o sabio Octavio. 
Conseguirá, por fin, ser astronauta?

ISBN: 978-84-9995-284-0
Nº de páxinas: 21
Encaderanción: Tapa dura
Formato: 15,5 x 19,5 cm.

martes, 2 de outubro de 2018

O AÑO QUE É UN PORQUIÑO


O AÑO QUE É UN PORQUIÑO
Autor: Pim Lammers
Ilustradora: Mijla Praagman
Edita: Hércules de Ediciones

Colección: Novas Lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Ideal para falar con nenos e nenas pequenos sobre xénero e identidade.

Con ilustracións adorables.

Un conto branco e rosa sobre a propia identidade.

As ovellas pastan no prado cos seus bonitos xerseis brancos. Os porcos están na poza e pasan o día envorcallándose na lama. Ata que de súpeto un año métese na lama. Ás ovellas e aos porcos parécelles moi estraño. 
-É que son un porquiño- di o año.
Pero isto é de todos! Ou non?

ISBN: 978-84-947770-0-4
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 26,5 x 20,4 cm.

luns, 1 de outubro de 2018

TODO O MUNDO! A VIDA TEN MOITAS CORES


TODO O MUNDO! A VIDA TEN MOITAS CORES
Autora: Anja Tuckerman
Ilustradora: Tine  Schulz
Edita: Hércules de Ediciones

Colección: Preparados, listos, xa...!

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Educación

Idade recomendada: +6 anos

De  onde ven a túa familia e como chegou ata aqui?
Cal é a túa festa preferida?
A que che gusta xogar e en que lingua cantas as túas cancións favoritas?
As nenas e nenos deste libro veñen de todas as partes do mundo.
Algúns acaban de chegar. Outros naceron aquí, aínda que a súa familia non.
Agora vivimos todos xuntos.

Isto pode ser fascinante e divertido, e, ás veces tamén un pouco difícil.
Pero unha cousa é segura: quén ten curiosidade, sempre gaña!
Un libro alegre e esclarecedor sobre a riqueza da convivencia.

Todas as persoas descendemos dos nosos antepasados en África e, por tanto, somos o froito de múltiples movementos migratorios. Desde sempre os seres humanos víronse empuxados a trasladarse por motivos moi diferentes: desde o desexo de coñecer novos lugares, por amor, para compartir saberes ou habilidades ou para fuxir da fame, a guerra ou a persecución. Así se foron formando as diferentes culturas e así se foron constituíndo as nosas sociedades multiculturais actuais.

As nenas e nenos deste libro proceden de todas as partes do mundo e falan diferentes linguas, pero todos viven agora en Galicia. Algúns acaban de chegar, outros naceron aquí.

A diversidade cultural pode ser moi enriquecedora, pero ás veces tamén é fonte de problemas orixinados polo descoñecemento e os prexuízos. E é por iso que,  para asegurar unha boa convivencia, non hai nada mellor que coñecer cos nosos fillos os nosos veciños e veciñas, tal e como proponemos neste libro.

ISBN:978-84-947023-4-1
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30 cm.

domingo, 30 de setembro de 2018

A CEO ABERTO


A CEO ABERTO
Autor: Xosé Fernández Ferreiro
Edicións do Castro

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

A ceo aberto é unha novela emotiva, suxestiva e profundamente testemuñal. O Cándido, personaxe central e maxistralmente conformado, é sufridor do destino de moitos miles de galegos (a emigración), e a sua capacidade nostálxica cara á Terra e que lle dá toda a dimensión dramática e humana á novela.

Son excelentes os capítulos onde se reflexa o drama da guerra, inda que o verdadeiro drama está nas circunstancias abafantes polas que Cándido ten que deixar Fontefría e irse a traballar de uniforme e pistola ao cinto polas abouxantes rúas de Madrid.

A ceo aberto podería definirse como a novela da "morriña e da carraxe": morriña do galego por estar lonxe da sua terra, e carraxe por sentirse importante diante dunhas estructuras sociais que o obligan a marchar a unha terra pior.

ISBN: 84-7492-094-9
Nº de páxinas: 116
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12,5 x 18,5 cm.

O CAMIÑO Á CASA


O CAMIÑO Á CASA
Autora: Katie Cotton
Ilustradora: Sarah Jacoby
Edita: Hércules de Edicións

Colección: Novas lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Cando chega o inverno, un paxaro foxe coa súa cría, un rato constrúe un niño para o seu fillo e os coellos escapan dos lobos que vagan polos bosques ao escurecer.

O camiño á casa é longo e duro, pero os animais téñense os uns aos outros nesta meditación poética sobre a natureza, a supervivencia e o amor.

ISBN: 978-84-946502-9-1
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 26,9 x 19,7 cm.

sábado, 29 de setembro de 2018

LATITUDE AUSTRAL


LATITUDE AUSTRAL
Autor: Xabier Alcalá
Editorial Galaxia, S.A.

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Unha novela feita co tecido de varias historias que nos contan distintos episodios desa epopeia sen fin en que consistiu a consquista de América. Nese marco grandioso, un conxunto de crioulos descendentes de galegos e mais de galegos forzados á aventura sofren, aman, odian. É dicir, viven.

ISBN: 84-7154-808-9
Nº de páxinas: 161
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm.

O XIGANTE SECRETO DO AVÓ


O XIGANTE SECRETO DO AVÓ
Autor e ilustrador: David Litchfield
Edita: Hércules de Edicións

Colección: Novas lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +5 anos

- Ten mans do tamaño de táboas -dixo o avó-, pernas longas coma as baixantes dos tellados das casas e pés tan grandes coma botes pesqueiros. Sabes de quen falo?
- Si! -suspirou Billy-. Do xigante secreto. Pero non é real!

Billy non cre a seu avó cando lle conta que hai un xigante na vila que se dedica a facer boas obras para todo o mundo. El sabe que un xigante é demasiado grande como para manterse oculto. E porque querería manterse en segredo?

Pero, segundo pasa o tempo, Billy aprenderá que algúns segredos son grandes de máis para mantelos en segredo por moito tempo...

Un historia xigante que fala da necesidade de encaixar e do valor da amizade, e que foi creada por David Lichfield, gañador do Waterstones Children's Book Prize en 2015 na categoría de libro ilustrado por O Oso e o Piano.

ISBN: 978-84-946502-7-7
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30 cm.

venres, 28 de setembro de 2018

PROMOCIÓN DO ÉXITO CON XÓVENES EN EDUCACIÓN NON OBRIGATORIA DE CRUZ VERMELLA XUVENTUDE (VIGO)


Cruz Vermella Xuventude pon en marcha un proxecto de "Promoción do éxito con xóvenes en educación non obrigatoria", unha nova iniciativa que ten como obxectivo incidir en todos aqueles factores de índole persoal, económico e do entorno que infúen no acceso ou continuidade dos estudos.

O perfil dos xóvenes entre 16 e 30 anos que queiran participar no proxecto comprende:

  • Comezar ou continuar os seus estudos na ensinanza non obrigatoria, ESA, FP...
  • Encontrarse con barreiras económicas para facer fronte aos gastos derivados (pago de taxas, matrículas, material específico, etc.)
  • Necesidade de apoio educativo nas materias cursadas.

Máis información:
Rúa Teófilo Llorente, 8
986 42 36 66
vigo@cruzroja.es


EXPRESIÓN E IMPRESIÓN: Obradoiros de expresión plástica para a interacción e a integración da Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela


Dende a Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela envíannos esta información que consideramos de interese.

Acaban de por en marcha unha nova edición do programa gratuito de talleres de plástica para a integración:

Expresión e Impresión. Obradoiro de expresión plástica para a interacción e a integración.


Destinado a nenos e nenas a partir de 6 anos

no

Multiusos de Redondela

os

Xoves de Outubro e Novembro

de

17:45 a 19:00 horas

Inscrición de balde:

contacto@tallerabierto.info (ata o 1 de outubro)

Máis información: 


LA RANA GLOTONA


LA RANAGLOTONA
Autor: Little Tiger Press
Ilustrador: Jack Tickle
Edita: Combel Editorial

Colección: Cu- Cú Sopresa

Género: Literatura Infantil - Cuentos

Edad recomendada: +3 años.

La rana está muy contenta porque ha visto en el jardín una mosca suculenta y quiere darse un festín.

Los animales del jardín llegan para dar un paseo y llenar de vida este libro desplegable, ¡Que los más pequeños adorarán!

ISBN: 978-84-9101-053-1
Nº de páxinas: 12
Encardernación: Tapa dura
Formato: 24, 5 x 26, 5 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger