NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

mércores, 10 de xaneiro de 2018

ROSALÍA DE CASTRO



ROSALÍA DE CASTRO
Autora: María Lado
Ilustracións: Eva Agra
Urco Editora
Colección: Mulleres bravas da nosa historia

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos - Biografías

Idade Recomendada: A partir de 9 anos

Esta é a histora dunha nena que brillaba no silencio da noite...

Velaquí a primeira das nosas Mulleres Bravas, a benquerida e admirada Rosalía de Castro.

Se abrides este libro poderedes facer un percorrido pola súa nenez, as súas mudanzas vitais, coñeceredes as súas amizades e familiares, e sobre todo, seredes partícipes dos seus comezos literarios, eses que a converteron na poeta máis senlleira de Galiza.

Mais non faredes esta andaina en soidade, senón na compaña da Lucecú que viviu a carón de Rosalía durante todos os anos da súa vida, compartindo ledicias e épocas de menos luz.

...por onde máis negra é a sombra é onde mellor se ven as estrelas.

ISBN: 978-84-15699-98-9
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 21 cm


2 comentarios:

  1. Eu paseino moi ben escribíndoo e descubrín moitas cousas curiosas sobre a vida de Rosalía que me sorprenderin. Agardo que as lectoras e lectores da Bibliopazos tamén gocen léndoo. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Grazas María polo teu comentario. Apertas desde BiblioPazos.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger