venres, 27 de maio de 2022

"MALETAS VIAXEIRAS”" unha viaxe teatralizada para atopar unha nova maneira de ollar o Mundo con SABELA GAGO para conmemorar o DIA DAS LETRAS GALEGAS

Despois de ter aprazado a actuación prevista para o día 13 de maio por indisposición da actriz Sabela Gago, continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura en BiblioPazos e para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou o día 17 de Maio, teremos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO, xa recuperada, quen nos traerá o seu espectáculo de contacontos "MALETAS VIAXEIRAS”.

Esta actividade terá lugar o próximo VENRES DÍA 3 DE XUÑO a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e está convidado para asistir ao mesmo o alumnado de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.

Teremos que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, helicópteros, globos e naves espaciais. E remataremos a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario teremos unha nova maneira de ollar o Mundo.
Un convite a viaxar coa imaxinación. Qué levarías na maleta para visitar países reais ou fantásticos?

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 13 de maio de 2022

"O POETA DE VALDEORRAS. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN" Un contacontos das Letras Galegas de Trémola Teatro

O martes día 17 de Maio conmemórase en toda Galicia o DÍA DAS LETRAS GALEGAS no que neste ano o homenaxeado é o poeta natural de Vilamartín de Valdeorras FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos coas actividades educativo-culturais e de animación á lectura do mes de mayo e para conmemorar este importantísimo día para Galicia, o próximo día 20 de Maio teremos con nós á actriz YOLI LORENZO da compañía "TRÉMOLA TEATRO" que nos traerá o espectáculo "O POETA DE VALDEORRAS. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN", un contacontos das Letras Galegas centrado na vida do poeta valdeorrés.

A través da súa vida coñeceremos os seus poemas. Unha viaxe que nos axudará a comprender un pouco máis a nosa tradición, facendo paralelismos coa actualidade na que estamos vivindo.

A actividade levarase a cabo dúas sesións:

  • Á primeira sesión de 11:00 a 12:00 horas está convidado o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus mestres.
  • Á segunda sesión de 13:00 a 14:00 horas convidamos ao alumnado de  e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI.

Ademáis de dar a coñecer a vida e obra do poeta homenaxeado este ano 2022 queremos promover e dinamizar o uso da lingua galega entre os mais mozos e promover a lectura en galego para o que animamos a toda a poboación do concello a que acuda e participe nas actividades organizadas pola biblioteca e a visitar as súas instalacións para asociarse e así poder levar todos os libros de lectura que queiran para ler na casa, na praia, no campo ou en calquera lugar que lles preste... pero sobre todo para ler.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

ACTIVIDADE APRAZADA ATA NOVA DATA POR INDISPOSICIÓN DA ARTISTA

Sentimos comunicar que esta actividade queda aprazada ata nova data por indisposición da artista SABELA GAGO que nos comunicou á primeira hora desta mañá a imposibilidade de desprazarse a Pazos de Borbén para realizar a actividade ao dar positiva por COVID-19.

Desexamos a SABELA GAGO unha pronta melloría e recuperación.

Pedimos desculpas ao público polas molestias. Nos próximos días comunicaremos a nova data de realización.
Grazas pola comprensión.




venres, 6 de maio de 2022

"MALETAS VIAXEIRAS”" unha viaxe teatralizada para atopar unha nova maneira de ollar o Mundo con SABELA GAGO para conmemorar o DIA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que se celebra o día 17 de Maio, teremos con nós á actriz e contadora SABELA GAGO, quen nos traerá o seu espectáculo de contacontos "MALETAS VIAXEIRAS”.

Esta actividade terá lugar o Venres día 13 de Maio a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e está convidado para asistir ao mesmo o alumnado de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa. Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas, e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.

Teremos que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, helicópteros, globos e naves espaciais. E remataremos a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario teremos unha nova maneira de ollar o Mundo.

Un convite a viaxar coa imaxinación. Qué levarías na maleta para visitar países reais ou fantásticos?

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

luns, 2 de maio de 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2022 o autor homenaxeado é o poeta valdeorrés FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN:

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN nace en Córgomo, Concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903, no seo dunha familia valdeorresa abastada. Súa nai Consuelo Gurriarán Díaz proviña de ferróns vasco-navarros con dedicación á vitivinicultura e aos labores ferreiros nas bocarribeiras do Sil e do Leira desde a Idade Media. Pola póla de seu pai, seu avó Constantino Delgado Gurriarán era agrimensor e propietario de terras. O pai de FDG, tamén Florencio, que era perito agrónomo, obrigou a familia a continuos traslados, desde que «Florenciño» tiña seis anos: Ourense, Palencia e Valladolid. Nesta última cidade comeza estudos universitarios de dereito. Alá espertou cara ao «protonacionalismo» ao ler o xornal A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala. Estamos a falar do treito temporal entre 1918 e 1924. Anteriormente lera a Rosalía, Curros e Cabanillas na biblioteca familiar de Córgomo, onde tan só acudía os veráns. Estas lecturas espertaran a súa vocación poética...

Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, autor homenaxeado este ano 2022 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña:

 

-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.


-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.



-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.
 

-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra do protagonista das Letras Galegas de 2022.


EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger