sábado, 7 de setembro de 2013

Sesión de CONTACONTOS - "SOLE FELLOZA conta todo o que le"

HOXE SÁBADO DÍA 7 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 17,00 HORAS (5 da tarde), no Auditorio do Concello, teremos unha actuación especial de narración oral coa actriz, contacontos, dramaturga e fotógrafa SOLEDAD FELLOZA que nos traerá o espectáculo "Sole Felloza conta todo o que le".


A través dos seus contos Sole Felloza deleitará a todo o público asistente, nenos e maiores, coas súas historias facendo que viaxen a lugares incríbles, captando a atención do público co seu dominio escénico, facendo voar coa imaxinación.


Sole Felloza conta todo o que le. E canto le! Todo o que recolle polo mundo adiante, alí donde vai ela a contar de recorso só trae libros para a súa biblioteca que xa é mais grande que a casa enteira.


  
A cara de pracer, a emoción e a alegría dos nenos que identifican unha historia da súa terra ou da terra dos seus pais, mestúrase coa sorpresa e o bo recibimiento do resto dos nenos que descobren a través de contos, o ancho, diverso e rico que é o mundo.

 

Como pasaporte usamos a imaxinación, de billete levamos unhas palabras máxicas nacidas na selva e de equipaxe calquera cousa que caiba na nosa memoria e no noso corazón.


Un espectáculo para todos os públicos que non deixará a ninguén indiferente

Ver publicación no BLOG "LER CONTA MOITO", programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

2 comentarios:

  1. Ola, son Pili de MOSCOSO...e outra vez felicito a Sole -é moi boa contacontos e unha muller guapa e divertida-, polo seu traballo de hoxe. un bico e miña amizade.

    ResponderEliminar
  2. Ola Pili, grazas polo teu comentario e a túa asistencia á actividade no nome de Sole e de Bibliopazos. Esperamos contar contigo en proximas actividades. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger