E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 6 de setembro de 2013

Sesión de CONTACONTOS - "SOLE FELLOZA conta todo o que le"

O sábado día 7 de setembro a partir das 17,00 horas (5 da tarde), no Auditorio do Concello, teremos unha actuación especial de narración oral coa actriz, contacontos, dramaturga e fotógrafa SOLEDAD FELLOZA que nos traerá o espectáculo "Sole Felloza conta todo o que le".


A través dos seus contos Sole Felloza deleitará a todo o público asistente, nenos e maiores, coas súas historias facendo que viaxen a lugares incríbles, captando a atención do público co seu dominio escénico, facendo voar coa imaxinación.


Sole Felloza conta todo o que le. E canto le! Todo o que recolle polo mundo adiante, alí donde vai ela a contar de recorso só trae libros para a súa biblioteca que xa é mais grande que a casa enteira.


  
A cara de pracer, a emoción e a alegría dos nenos que identifican unha historia da súa terra ou da terra dos seus pais, mestúrase coa sorpresa e o bo recibimiento do resto dos nenos que descobren a través de contos, o ancho, diverso e rico que é o mundo.

 

Como pasaporte usamos a imaxinación, de billete levamos unhas palabras máxicas nacidas na selva e de equipaxe calquera cousa que caiba na nosa memoria e no noso corazón.


Un espectáculo para todos os públicos que non deixará a ninguén indiferente

Ver publicación no BLOG "LER CONTA MOITO", programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger