Tras varias semanas en probas a versión 23 de Firefox xa está dispoñible para a súa descarga en galego para Windows, OS X e Linux, destacando especialmente por contar cunha versión renovada do seu logotipo, que vén recibindo pequenas modificación durante os últimos anos, mantendo os seus elementos chave. Outra característica destacable da nova versión de Firefox é que, se temos activadas as funcións sociais de Facebook no navegador, poderamos compartir os contidos que atopemos na web premendo un botón para tal efecto, facendo máis social a experiencia de exploración de páxinas web.
Para mellorar a seguridade do navegador, nesta nova versión estréase oficialmente un bloqueador de contido mixto, de xeito que evitamos os problemas de cargar contidos inseguros cando estamos a visitar unha páxina web segura (https).
O novo Firefox tamén inclúe numerosas optimizacións no seu funcionamento, simplifica a interface de notificacións para a instalación de complementos, activa VXVA2 en equipos con Windows Vista ou superior para acelerar a decodificación de vídeo en H.264 e moitos outros pequenos detalles entre os que non faltan melloras na seguridade da aplicación.
A nova versión de Firefox facilita compartir contidos a través de Facebook
Evolución do logotipo de Firefox
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.