E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 10 de decembro de 2013

Quen lle ten medo a Morgana? - LITERATURA INFANTIL


Quen lle ten medo a Morgana? 

Idade recomendada + 9 anos

Chámome Morgana e, segundo a miña avoa, teño simpatía a moreas.

Paula, unha amiga, di que se puidese peitearme habíame converter nunha criatura adorable, pero Paula é unha pre-sumida, e a min non sei se me gustaría ser unha criatura adorable.

Do resto de amigas: Lola, ben; Paula, un chisco presumida pero ben; Pili, moi ben; Uxía, ok, e Silvia, coitada, os seus pais acaban de divorciarse.

Todas, menos Uxía, xogamos ao baloncesto.

No primeiro trimestre gustábame Vítor, pero entón apareceu Xiana, chiscou os ollos e o moi parvo colgouse dela coma un papagaio. Durante un tempo estiven enferma de carraxe amorosa, pero agora gústa-me Berenguel, que fai poesías cun pouco de rima consoante.

13 x 20 cm
Rústica cosido a fío
176 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-308-8
1ª edición, outubro 2011


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger