E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 12 de decembro de 2013

O espantallo - LITERATURA INFANTIL


O espantallo
Autor: Xosé Agrelo Hermo
Ilustracións de Pepe Carreiro
Limiar de David G. Couso
 
Conto infantil.
 
Idade recomendada: +6 anos
 
Dous paus cravados,
un feixe de palla,
unha chaqueta da cor do vento
e un sombreiro cheo de buratos:
ESE SON EU.
 
 
Conta o espantallo -dous paus cravados, un feixe de palla, unha chaqueta, un sombreiro esfucarado e mais unha cachimba inglesa que lle puxeron un fato de raparigos- que, situado na agra fronte á escola, pode ver os nenos estudiar e de paso vai adquirindo cultura.
 
No recreo métense con el, pero sabe que é xogando, que lle mostran así a súa amizade. Cando eles faltan, bota longas parrafadas cos paxariños: parece unha árbore florecida, con todos enriba del.
 
Como o amo emigrou para Alemaña, quedou sen traballo, pois na leira non hai nada cultivado.
 
Os amigos de antes pérdenlle o respecto e non o ollan nin de lonxe.
 
Vaise desfacendo a modiño: un galopín róuballe a cachimba, un pobre a chaqueta en pleno xaneiro e o vento tíralle o sombreiro.
 
Parece un cruceiro de carballo retorto.
 
Se ata un peto está facendo un niño nun dos seus paus.
 
É ben certo: "O fado dos espantallos ninguén o sabe".
 
32 páx.
14 x 21 cm
ISBN: 978-84-92792-85-6
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger