sábado, 26 de outubro de 2019

LO MEJOR DE IR ES VOLVER


LO MEJOR DE IR ES VOLVER
Autor: Albert Espinosa
Edita: Penguin Random House Grupo Editorial

Género: Literatura Castellana - Narrativa

"Hay un día en la vida en que debes decidir si deseas tener la razón o la tranquilidad" 

Albert Espinosa vuelve con una bella historia sobre los recuerdos, el perdón y el amor que transcurre un 23 de abril, el día del libro y las rosas, entre la ciudad de Barcelona y las islas de Ischia y Menorca.

ISBN: 978-84-253-5763-3
Nº de páginas: 233
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 15 x 23 cm


venres, 25 de outubro de 2019

PUF! VAIA PEIDO...


PUF! VAIA PEIDO...
Autora: Luisa Martínez Lorenzo
Edita: Editorial Galaxia, SA

Género: Literatura Infantil Galega - Ciencias

Idade recomendada: +9 anos

Neste libro atoparás unha manchea de nomes populares, trampulleiros e divertidos.

Úsanse para chamar a algún dos seres vivos que atopamos no nosos contorno. Pero tamén nos fan pensar noutras cousas ben diferentes e, case sempre, disparatadas.

Ademais, sorprenderaste coñecendo o xeito de vida dos animais, plantas e fungos aos que se refiren.

ISBN: 978-84-9151-270-7
Nº de páxinas: 72
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 30 x 21 cm

xoves, 24 de outubro de 2019

O SANTUARIO DA FRANQUEIRA


O Santuario da Franqueira.
Autor: Antonio Fraguas Fraguas.
Edita: Concello da Cañiza
Coordinación editorial e produción: Editorial Galaxia
Colaboracións: Secretaría Xeral de Política Lingüística e Fundación Antonio Fraguas Fraguas

Xénero: Literatura Galega - Poesía

Un interesante e breve relato que Antonio Fraguas recolleu das historias contadas por Dona Antonia Pérez Estraviz, veciña de Mondariz e que foi coma unha nai para o escritor de Cotobade.

Antonio Fraguas, investigador do patrimonio inmaterial espiritual, outrora chamado folclore e etnógrafo de ideoloxía galeguista, homenaxeado este ano pola RAG para protagonizar o Día das Letras Galegas, entre outros méritos por reivindicar "a memoria, a cultura e a lingua do pobo galego" destacou principalmente por poñer en valor a cultura espiritual campesiña. As festas e romarías populares, as cantigas, as creenzas e os costumes aparecen nos seus ensaios, recollendo en moitos dos seus escritos a esencia do mundo campesiño.

E é neste punto onde entronca con A Cañiza, co seu santuario mais importante. Coas romerías de Santa María da Franqueira. Unha das advocacións marianas mais antigas de Galicia. Centro de peregrinaxe e de espiritualidade. Emprazamento visitado tamén por grandes pintores, músicos e intelectuais que dalgunha maneira quixeron deixar a sua pegada en cadros, partituras e obras literarias.

O gran escritor Ramón Cabanillas foi uhn deles ao escribir a súa obra "As Romaxes da Franqueira", que recolle en forma de poesía e cántico a loita dialéctica entre un Príncipe Mouro e un devoto Cristián e que ainda hoxe represéntase na Romaría do 8 de setembro. Desta obra fíxose eco o noso autor, Antonio Fraguas, escribindo "O Conto de Serafín. O Santuario da Franqueira".

Conto número 27 dos 29 que compoñen os Contos de Castromil. Unha colección que alá polos anos 90 do século pasado pretendía acercar ao lector e o viaxeiro da liña Castromil unha selección de autores de relato galego.

Nº de páxinas: 53
Ecadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

DIA DA BIBLIOTECA EN BIBLIOPAZOS 2019


Hoxe é o DÍA DA BIBLIOTECA que se celebra todos os anos nesta date dende que en 1997 por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, se decidira celebrar este día en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.

Neste día participan bibliotecarios, escritores, ilustradores, narradores de historias, editores, profesores, membros da Asociación, responsables políticos e entidades que fomentan o uso da biblioteca como lugar onde se potencia a lectura e onde se atopa todo tipo de información a través da palabra e a imaxe.

Un día ao ano detémonos para concienciar á sociedade da importancia da lectura, dar a coñecer a actividade das bibliotecas á cidadanía e homenaxear aos bibliotecarios como impulsores da lectura para nenos e maiores, propiciando que os medios de comunicación fáganse eco das actividades programadas nas bibliotecas, co obxectivo de que estas entren a formar parte do itinerario cultural dos cidadáns e sexan verdadeiramente unha alternativa máis de lecer e aprendizaxe.

Para este fin, durante todos estes anos, desde BIBLIOPAZOS vimos impulsando diversos actos arredor do Día da Biblioteca de promoción da lectura e do libro entre os escolares do municipio e, concretamente este ano, levamos realizando durante todo o mes de outubro obradoiros de escritura creativa e ilustración; encontros con autores; e actividades de teatro e maxia de divulgación científica. Facendo clic AQUÍ podedes consultar toda a información do programa de actividades deste mes de outubro.

A escritora Gemma Pascual i Escrivà é a persoa a quen se encargou este ano a redacción do pregón, e o cartel é do ilustrador Miguel Calatayud. O escritor Héctor Cajaraville ocupouse da traducción ao galego por parte de GÁLIX.

Pregón:

A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.
Gemma Pasqual
Tradución de Héctor Cajaraville

Desde BIBLIOPAZOS queremos aproveitar a ocasión para invitar a todos os veciños e veciñas a visitar a biblioteca neste día ou en calquera día do ano.

mércores, 23 de outubro de 2019

O CORAZÓN DA MAXIA


O CORAZÓN DA MAXIA
Autor: Xavier Estévez
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa


Recomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia


Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansanzo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse.

Cando mellora un chisquiño, tenta ser feliz visitando os outros nenos da planta e facendo incursión por outras dependencias do hospital co seu pano de pirata. Un día chega Mistre, unha nena etíope de oito anos, que compartirá con ella o cuarto.

Para facerlle a estadía máis levadeira, Laura cóntalle á súa nova amiga unha historia extraordinaria, con dúas protagonistas moi especiais, Aulea e Mistera, que farán unha longa viaxe para resolver o misterio dos dragóns desaparecidos. Mentres non aparezan os dragóns, protectores das aldeas, o seu mundo non poderá gozar de paz e prosperidade.

O sorprendente desenlace de ambas historias, a real e a imaxinaria, vaivos facer rir e chorar asemade.

ISBN: 978-84-9914-819-9
Nº de páxinas: 124
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm



martes, 22 de outubro de 2019

"MATEMAXIA" espectáculo de divulgación científica


E finalizamos as actividades deste mes o Martes día 29 de outubro na Sala de Lectura onde contaremos co espectáculo “MATEMAXIA” que nos traerá O Mago Paco de A Illa dos Nenos S.L. cunha actividade que mestura dúas disciplinas, as matemáticas e a maxia, que ainda que a priori podamos pensar que non teñen nada en común e ata parecen contrapostas, pero nada mais afastado da realidade.

A través desta actividade o Mago Paco demostrará o moito que teñen en común e o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida.

Coa axuda deste mago un tanto tolo e fascinado polas mates, os participantes conseguirán atopar e sentir moi de preto a maxia que existe dentro dos números, das operacións, da xeometría, da estatística, etc. Descubrindo algúns dos porqués da maxia coa axuda de explicacións matemáticas, demostrando que esta disciplina, as veces tan pouco motivadora para os alumnos e alumnas, está chea de sorpresas que descoñecemos e que a converten nunha materia fascinante.

Un espectáculo moi dinámico e moi entretido que interactúa constantemente cos rapaces e rapazas facéndoos partícipes, cómplices e protagonistas de cada experiencia. 

Terá lugar en dúas sesións ás 11:00 e ás 13:00 horas nas que participarán os alumnos de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Estas actividades enmárcase no programa de divulgación científica en galego do proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA
NO TELÉFONO Nº 986 497 273

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!!!

luns, 21 de outubro de 2019

O COCIÑEIRO MARTIÑO


O COCIÑEIRO MARTIÑO
Autor: Iago López
Ilustrador: Macus Romero
Edita: Edicións Xerais de Galicia, S.A

Idade recomendada: + 5 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións...

Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.

ISBN: 978-84-9121-066-5
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 23 cm.

domingo, 20 de outubro de 2019

DIARIO DE NIKKI: UNA PATINADORA SOBRE HIELO ALGO TORPE.


Diario de Nikki: Una Patinadora Sobre Hielo Algo Torpe.
Autor: Rachel Renée Russell.
Edita: Círculo de Lectores.

Género: Literatura Infantil - Narrativa - 

Edad recomendada: +9 años

Cuarta  entrega de los diarios de Nikki, adolescente norteamericana de catorce años, que narra los sucesos ocurridos a lo largo de todo un mes de diciembre. Las anotaciones, muy extensas y minuciosas, se centran en las dificultades de la protagonista para controlar a su hermana pequeña, niña tan adorable como traviesa, y en sus esfuerzos por ayudar a Brandon, un compañero de curso por el que se siente atraída.

Los problemas económicos del chico va a obligar a su familia a trasladarse a otra ciudad, lo que Nikki trata desesperadamente de evitar. Para conseguir el dinero que Brandon necesita, se le ocurre participar, formando equipo con sus mejores amigas, Chloe y Zoey, en un concurso escolar de patinaje sobre hielo que ofrece un premio  en metálico bastante alto. El problema es que Nikki no patina muy bien, al revés que su rival, una alumna de sus misma clase llamada MacKenzie, empeñada en ganar la prueba a cualquier precio.

La obra refleja en un texto que se completa con viñetas gráficas, las dificultades cotidianas de la protagonista, contadas en primera persona por ella misma, y sus esfuerzos para superarlas. Buen carácter, un entorno familiar estable, una voluntad firme y perseverante y sentido del humor, son recursos para hacer frente a cualquier obstáculo. La autora pone de manifiesto, a través de una acción ágil y estilo sencillo, sin pretensiones literarias, que estas cualidades son, a la larga, más valiosas que la belleza, el dinero o la popularidad.

ISBN: 978-84-672-5539-3
Nº de páginas: 346
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 14 x 21 cm

venres, 18 de outubro de 2019

A ESTRADA DA VIDA


A ESTRADA DA VIDA
Autores: Manoele de Felisa e Xosé Luna
Edita: Arteson Producións

Xénero: Literatura Galega - Poesía - Música - Libro CD


Coñecer, transmitir e amar, tres verbas nun remuiño centrípeto en magnánima inspiración, que se mecen harmoniosas no vizoso berce poético de Xosé Luna.

Un barrelo que navega na ondada oceánica, abalando e devalando acada a nosa terriña para bambear, mentre maxina ás para dende o aire compartir. Desexando acougar preto da Lúa e ollar o firmamento na procura dun ronsel de amoríos.

Soñado pentagrama poético impregnado de profunda e intensa admiración pola vida e a nai natura, suxestivas composicións para ser musicadas e interpretadas baixo o coruscar de fuxidíos luceiros do amencer.

Manoele de Felisa e Xosé Luna logran neste traballo conxunto unha inseparable dualidade, forman o binomio ideal do que gurgulla unha insaciable fontela de acordes excelsos e universais con mérito de ondas.

A voz de Manoele acada o máis íntimo, agarimosa emerxe enraizada na mesma terra, nas cousiñas sinxelas e cotiás. O resultado é unha acompasada sonoridade que consegue mergullarnos nunha entropía de sensacións no Aquén. mentres entre brancas sabas feiticeiras nos leva ata o Alén.

Estamos ante unha obra de dous grandes, Manoele de Felisa e Xosé Luna, unha alfaia rítmica, para escoitar e gozar dunha fantasía que consegue unha auréola de soños e realidades estimulantes de ilusións que visualizan un pórtico de felicidade. Sons profundos de poemas interpretados pola voz única e sofisticada que repenica identidade ennobrecendo a orixinalidade dun poetizar arraigado á vida.

Vitalidade na intensidade e na fermosura das letras de cada un dos poemas, suxestivos brincan e gozan inmersos na interpretación; luzada, ronsel, belida, pereiriños, pandeirada, fuxidíos, oasis, amorodo, música, amor, aperta, terra...

Que acolle no seu doce murmurio o trazo lene e onírico de Amalia López Brea, percorrendo imaxe a imaxe unha estrada de traballo e ilusión para moldear ese camiño que nos traslade dende a diminuta loaira ata o resplandor do intenso estralampo.

Dende o absorbente encanto da noite estrelada e as efémeras pombiñas de escuma acuosa que foxen dunha pétrea furna, conquistando esmorecer no ar na procura da luarada. Parabéns mergullados na intensa luminosidade do Ilicinio por tan exquisita obra a Xosé, Manoele e Amalia, así como a todos os que dalgunha forma colaboraron.

ISBN: 978-84-16456-77-2
Nº de páxinas: 55
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm






"QUE TRABALLO TAN CURIOSO!!!. Seredes quen de adiviñalo?"


A programación de actividades de animación á lectura continúa o Venres 25 de outubro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello no que terá lugar a obra de teatro “QUE TRABALLO TAN CURIOSO!. Seredes quen de adiviñalo?” con guión e idea orixinal de Luisa Martínez Lorenzo da Unidade de Cultura Científica do CSIC Galicia e que conta co asesoramento científico de Marta López Cabo do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC.

O espectáculo duns 45 minutos de duración aproximadamente vai dirixido a público familiar e escolar e o seu obxectivo principal é ofrecer unha actividade diferente, con contidos científicos rigurosos, entretidos e adaptados ao público co que se pretende dar visibilidade ás mulleres na ciencia; achegar a microbioloxía ao público; transmitir hábitos de hixiene saudables; xerar actitudes positivas hacia a investigación; e poñer en valor o traballo do persoal científico.

Está previsto que asistan a este espectáculo os alumnos de 3º a 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Esta actividade enmárcase no programa de divulgación científica en galego do proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR O AFORO

OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA
NO TELÉFONO 986 497 273

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!!!

xoves, 17 de outubro de 2019

ENCONTRO CON AUTORES "XAVIER ESTÉVEZ FERREIRO" - "AVIÓNS DE PAPEL"


O mércores 23 de outubro ás 13:00 horas e na Sala de Lectura contaremos cunha nova actividade do programa “Encontros con autores” coa presenza de XAVIER ESTÉVEZ FERREIRO, autor do libro “AVIÓNS DE PAPEL”, finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2016, e do que falará cos alumnos de 6º de primaria.

A obra trata da amizade, do bullyng, da autosuperación, da arte e da cohesión social dos barrios das cidades.

Un novo encontro literario co que pretendemos analizar as obras dos autores e fomentar o hábito da lectura entre os mais mozos.

Grazas a Xavier Estévez polas facilidades que nos deu para poder realizar esta actividade.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!!!

martes, 15 de outubro de 2019

ENCONTRO CON AUTORES "IAGO LÓPEZ SANTOS" E "O COCIÑEIRO MARTIÑO"


A seguinte actividade deste programa de “Encontros con autores” traerá á Biblioteca de Pazos de Borbén ao escritor, mestre de educación infantil e contacontos IAGO LOPEZ SANTOS que nos virá a ofrecer o seu contacontos infantil “O COCIÑEIRO MARTIÑO” baseado nesta obra da súa autoría, e unha conversa co alumnado onde se lles explicará a creación dun álbum ilustrado.

Nesta actividade participarán os alumnos de 1º e 2º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e terá lugar o Luns 21 de outubro ás 13:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos. Durante a actividade haberá moitas preguntas e o sorteo dalgún exemplar do libro.

Esta actividade enmárcase no programa de encontros con autores do proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!!!

xoves, 10 de outubro de 2019

O BAÚL DE DOMINGOS QUINTAS


O BAÚL DE DOMINGOS QUINTAS
Autor: Xoán Babarro
Ilustradora: Estefanía Padullés
Edita: Hércules de Ediciones
Colección: Novas lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +9 anos

"Afíxenme a ver aquel cofre antigo abandonado nun lugar inaccesible e empecei a enchelo cos soños do meu bisavó. 

Imaxinábaos flotando coma bolboretas sobre minúsculas nubes. Que podería ocorrer se erguésemos a tapa? Escaparían os soños voando? Así, cando chegou o momento decisivo de abrilo, sorprendeume ver no seu interior inha morea de poemas escritos sobre cortizas de bido.

Serían realmente os soños do bisabó encantados en forma de versos?

Grazas a eles puiden descubrir o recuncho reservado para as miñas ilusións".

Le este libro e intenta encontrar o lugar ideal para as túas.

ISBN: 978-84-947023-8-9
Nº de páxinas: 80
Encadernación: Tapa dura
Formato:14,5 x 21 cm.

mércores, 9 de outubro de 2019

ENCONTRO CON AUTORES "MARIA CANOSA BLANCO" - "O LIBRO DOS MEDOS"


O mércores 16 de outubro na Sala de Lectura ás 13:00 horas, iniciamos o programa de “Encontros con autores”, consistente en reuniones literarias con diversos autores galegos para entrevistalos, traballar e comentar algunhas das súas obras literarias que, previamente os participantes -alumnos de Primaria e/ou ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos- terán traballado nas aulas.

Neste primeiro encontro contaremos coa presenza da escritora MARÍA CANOSA BLANCO. Profesionalmente é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, sendo escritora de corazón. Coñecida pola súa participación como xurado nos programas “Cifras e letras”, “Verbas van” e “Como un Allo” da TVG e tamén como autora de literatura infantil e xuvenil. É guionista de varios programas da TVG, articulista de “La Voz de Galicia” e ten participado tamén en varios programas radiofónicos de Radio Galega e Radio Voz. Ten recibidos varios premios literarios, entre eles o Premio Merlín de Literatura Infantil de 2017 pola súa obra “Muriel”.

Nesta ocasión María Canosa estará acompañada dos alumnos de 3º e 4º de primaria e o encontro versará sobre a súa obra “O LIBRO DOS MEDOS” que recibiu unha mención no VII premio Arume de poesía para nenos no ano 2013 e que profunda nos medos "que non o son", os medos que ameazan o soño da infancia e que a autora vai desmontando con intelixencia e rimas fáciles capaces de converter o pesadelo infantil máis terrorífica nun feliz soño.

Esta actividade enmárcase no programa de encontros con autores do proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!!!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger