Literatura Xuvenil
Ábrese este volume cun artigo de Luis Blanco Vila, secretario do xurado do Premio Internacional "Vieira de Humor", no que ademais de facer certas referencias sobre dito premio, tamén realiza un comentario sobre o relato "O vello das pombas". A continuación ofrécense os seguintes relatos.
"O vello das pombas" é a composición coa que Luís Iglesias de Souza obtivo o Premio Internacional "Vieira de Humor" na súa segunda edición, ademais de ser a que lle dá nome a este libro. Conta a tenra historia de Xan o Virolas, que vendo as miserias que padecen a cotío os seus netiños, decide darlle morte a unhas pombas para poder alimentalos.
"A Filla da Lúa" relata cómo unha fada das boas se namora dun mozo humano e logra, gracias á axuda da súa avoa, poder conseguir o seu amor.
"A casa do trasmundo" narra o sucedido a un pequeno rapaz, que levado á loucura por medio das arguicas da súa nai e do seu amante, decidirá rematar coa súa vida.
"Estas son as cartas dun romántico amor imposible" presenta o cruzamento dunha serie de cartas entre un home e unha muller, a cal chegará a concederlle unha cita, logo da continua insistencia del.
"Bieito e o raposo" narra o acontecido a Bieito cando se atopa cun golpe con capacidade para falar, que tras darlle morte logo de pedirllo o animal, regalaralle o seu pelello con propiedades máxicas.
"Historia do famoso cazador que se chamaba Heriberto" relata cómo este vai facendo gala dos seus cinco últimos trofeos de caza. O último deles, presentado con certa retranca, é unha peza íntima feminina.
"Tres cartas a unha amendoeira" mostra tres misivas familiares que falan dunha amendoeira, que provocara grande dor e tristura a certos membros desa familia.
"Retratos de esguello" presenta unha parodia satírica dunha serie de personaxes como son o inspector do fisco, o nomeado crítico de arte, o médico novo e o señor xuíz.
88 páx.
21 x 13 cm.
ISBN 84-403-0138-3
Fonte: BLIX
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA
E
LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.