martes, 2 de abril de 2013

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2013

Fai CLIC no cartel
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (International Children's Book Day)  celébrase todos os anos o 2 de Abril. É unha oportunidade especial para ver ou ler un libro cos nosos fillos, unha actividade estimulante e divertida onde as haxa.

Conmemórase neste día porque é o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen (1805-1875), escritor danés de contos tan famosos como "A sirenita" ou "O patito feo".

Este día é promovido polo IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) desde o ano 1967. Con este motivo, en moitos lugares do globo terráqueo lévanse a cabo distintas celebracións destinadas a promover a lectura entre os máis pequenos da casa e tamén co ánimo de inspirar amor polos libros e a lectura e para chamar a atención da comunidade internacional sobre a literatura infantil e xuvenil.

Cada ano unha Sección Nacional deste Organismo Internacional patrocina o día e invita a un escritor do país a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un ilustrador a deseñar un póster, materiais que se utilizan en todo o mundo para promocionar os libros e a lectura. Para o 2013 a sección norteamericana difunde o cartel de Ashely Bryan e a mensaxe de Pat Moura.

A OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil), sección española do IBBY promove a celebración en todo o Estado a través das súas Seccións e pide a colaboración das bibliotecas e librerías de España para que organicen unha actividade.

MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Fai clic AQUÍ para ver a mensaxe noutros idiomas

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos, ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

 Poema de Pat Moura
Tradución: Concha Blanco

ADHESIÓNS á celebración do día internacional do libro infantil

Bibliotecas, librerías e outras entidades celebran habitualmente este aniversario mediante a organización de exposicións, encontros con escritores e ilustradores, presentacións de libros, sesións de libro-forum e actividades de animación á lectura.

Desde as catro Seccións da OEPLI anímase principalmente ás librerías e bibliotecas, para que organicen actos en torno á figura de Andersen.

Lista de adhesións (pdf)

Fonte: Oepli

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger