venres, 5 de abril de 2013

O dado de lume - LITERATURA XUVENIL

O dado de lume
Milagros Oya
Ilustracións de Francisco Bueno
Colección Periscopio,7. Rodeira. A Coruña, 2005
Literatura Xuvenil

Tal e como fixeran en anos anteriores, seis mozos reúnense na noite de San Xoán para contaren contos. A xuntanza deste ano está presidida por unha forte treboada, o que rodea a noite dunha atmosfera de misterio e medo. Ao redor dunha mesa e á luz das velas un dado vai determinando as quendas nas cales cada rapaz conta cadansúa historia. Dan paso, así, a tres relatos breves nos que unha serie de símbolos fan que aparezan motivos comúns como o paso do tempo, a beleza, a morte, a identidade, así como a maxia e a natureza da literatura.

Os personaxes vense sorprendidos continuamente por situacións e elementos fantásticos ata concluíren nun final impactante.

135 páx.
21 x 13 cm.
ISBN 978-84-96352-56-8 

Fonte: BLIX

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger