O programa "BENESTAR EN BALNEARIOS" consiste en pasar dez días en réxime de pensión completa e con tratamento termal nun balneario de Galicia.
Beneficiarios:
- Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Solicitude en modelo facilitado no departamento de Servizos Sociais.
- DNI do solicitante ou do cónxuxe ou acompañante, se procede.
Prazo de presentación:
Ata o 12 de abril de 2013.
Información e lugar de presentación de solicitudes:
Información e lugar de presentación de solicitudes:
Departamento de Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén, os luns, mércores e xoves de 09:00 a 14:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.