martes, 9 de abril de 2013

A profesora Ripaldi - LITERATURA INFANTIL

A profesora Ripaldi
María Alcañiz Lorenzo
Ilustraciones de María Alcañiz Lorenzo
Col. Merlín, 194. Edicións Xerais. Vigo, 2009
A partir de 9 anos 

Conta o narrador que a profesora Sarita Palodi, unha científica de recoñecido prestixio mundial, autora de inventos como a tinta ortográfica, que automaticamente fai que un escriba sen faltas de ortografía, desapareceu un día misteriosamente no medio dunha explosión. O narrador soñou con ela cada noite durante un mes e, como é ilustrador, foi debuxando os seus sonos no caderno de debuxo. Segundo eles, chegou ao pequeno planeta Robois, onde por primeira vez está un terrícola, sen recordar nada do seu pasado; cando xa se adaptara a aquela vida, foi condenada ao desterro pola estratosfera espacial por non ver vir un obxecto que caeu no peiteado da princesa de Incógnito, que resultou ser o caderno ilustrado. Grazas a el, os sonos, nun curioso efecto imán, conducírona á casa do narrador. É o poder que teñen, ás veces, os sonos. 

80 páx.
19 x 14 cm.
ISBN 978-84-9914-008-7

Fonte: BLIX

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger