luns, 8 de abril de 2013

OBRADOIRO DE FOFUCHAS

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Pazos de Borbén, organiza un OBRADOIRO DE FOFUCHAS destinado a maiores de 12 anos. 

Duración: 
O obradoiro terá unha duración de 3 horas e se empregará como material a GomaEVA, cuxas características son as seguintes:

  • É fácil de pegar.
  • É fácil de cortar.
  • É fácil de pintar.
  • Baixa absorción de auga.
  • É lavable.
  • Non é tóxico.
  • Pédese reciclar ou incinerar.
  • Fácil de moldear ao calor.
Prazo de inscrición: 
Manterase aberta ata conseguir un grupo mínimo de 10 persoas. 

Datas de realización: 
Aínda sen determinar, serán os sábados pola tarde, ou os luns ou xoves pola mañán. 

Custe: 
Será de 14,00 euros por participante e o prezo inclúe os materias necesarios para facer a fofucha que figura na imaxe anterior

Información e inscricións: 
Na Oficina de Información Xuvenil do Concello, de luns a vernes en horario de 09:00 a 14:00, ou no teléfono 986 498 934.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger