Fernando Cabeza Quiles
Ilustraciones de RuÁn
Col. Árbore, 164. Serie Verde. Editorial Galaxia. Vigo, 2009
Col. Árbore, 164. Serie Verde. Editorial Galaxia. Vigo, 2009
A partir dos 12 anos
Colección de dez relatos de protagonismo diverso que non esquecen unha mensaxe eticamente irreprochable.
Isabel: un mozo namórase dunha moza á que coñece no auga da praia e sempre atopa algunha desculpa para non atoparse con el en terra. Resulta ser unha sirena, á que el quere igual (e di ser de Alacant, para onde se encamiña cando ve na tele a noticia de que apareceu unha sirena na praia preguntando por el).
O señor das bestas: O Señor das Bestas, que amaba a natureza e coñecía toda clase de animais terrestres e acuáticos, era o único capaz de falar coas súas queridas eguas. Por iso, un día subiu ao monte xunto a elas e convenceunas de que aceptasen baixar ao curro un ano máis, pois xa non serían marcadas a sangue e lume senón que lles poñerían uns modernos microchips para identificalas sen necesidade de maltratalas.
O Ronte dos Choclos: arqueólogos do século XLIV descobren nunha escavación arqueolóxica algúns segredos dos homes que habitaban a Terra a comezos do s. XXI no "Monte dos Chicles", onde aínda quedaban moitos pegados. Entón decatáronse de que este era o topónimo auténtico e non o deturpado polo tempo. E tamén descubriron un corazón gravado con dous nomes nunha árbore, cousa que tamén se facía aínda, só que en árbores de plástico pois as árbores vivas desapareceran moitos anos antes polo quentamento do planeta e a desidia dos humanos.
A rebelión dás ovellas: como a Isabel abúrrelle que sempre estea chovendo, o avó cóntalle un conto dunha ovella, a menos ovella de todas, que vivindo en Castelalandia -onde nunca chovía- e pasando fame, non parou ata que atopou un prado de herba abundante, un campo de golf, ao que logo foron a comer as outras do rabaño.
Vida intelixente: o foguete Rocinante emprendeu a súa carreira espacial ata o planeta Peurípedes, buscando os homes outro Planeta Azul habitable, pois esnaquizasen o propio. Mais os habitantes do planeta, afastado a moitos meses da terra, cando viron aos humanos chegar para exploralo inventaron un intelixente decorado de deserto e calor, que convenceu aos humanos que tripulaban a nave de que alí -como outros planetas fixeran antes para evitalos- non había vida.
Alba: unha gaivota que vivía nunha entulleira alimentándose do lixo decidiu ir un día á vila mariñeira da que saíran os seus devanceiros, pero atopouna sen xente, os barcos vellos e abandonados... polo que volveu á entulleira. Mais, como a estaban selando, xa non quedaban gaivotas, que volveran á vila, agora con actividade mariñeira xa que regresaran os peixes, recuperados de esquílmaa que sufriran. Nesas estaba, cando a espertou unha amiga para irse bañar: quedouse durmida na praia, e soñara.
Maxia: como a irmá maior quere ver na tele un programa de cancións horteras, o neno, que quere ver a súa serie, coa súa vara máxica do xogo de maxia di que a vai a converter en gato. Vaise e, cando volve, en lugar da súa irmá está un gato no sofá. E el desesperado ata que aparece a irmá a por o gato da veciña amiga que ela deixara alí.
Un mostro anda solto: do circo que, para darse publicidade, por onde pasaba anunciaba que lle escapou un animal azul, e deseguida aparecían afectados fraudulentos que dicían ser vítimas...
A derradeira Noite de Reis: da cabalgata de Reis que pasou a fume de carozo porque como eran os pais disfrazados e ía empezar o fútbol apuraron causando ata feridas aos nenos, para non perder o comezo do partido.
176 páx.
20 x 13 cm.
ISBN 978-84-9865-198-0
Fonte: BLIX
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.