María Reimóndez
Ilustraciones de Iván Sende
Col. Merlín, 178. Edicións Xerais. Vigo, 2008
Ilustraciones de Iván Sende
Col. Merlín, 178. Edicións Xerais. Vigo, 2008
A partir de 9 anos
Logo de xogar cos agasallos de Reis, Lea á noite escoita uns sollozos: son as zapatillas de deporte, que lle din que están tristes pois recordan a súa historia. E para que as entenda, ofrécenlle viaxar con elas, agarrada aos cordóns. Lévana entón á India, á fábrica onde nenos descalzos con pagas miserables e sen asistir á escola están facendo zapatillas deportivas. Un deles é Ramesh, que fixo as dela, e lévaa a coñecer a súa casa: un cuarto terreo, sen latrinas, con dúas irmás que tampouco poden ir á escola pois teñen que traballar como a nai, viuda, leando cigarros. E ata saen xogar á rúa, onde un home intenta apresarla, mais escapa grazas ás zapatillas. Aínda que ela estaba en pijama ninguén se sorprendeu e ata a entenderon, malia falar noutra lingua.
De regreso ea casa, as zapatillas (ás que lles pon nome: Plis e Plas) razoan con ela sobre a necesidade de non colaborar coas empresas que abusan dos nenos do mundo, boicoteando os seus produtos de consumo, tantas veces non responsable e superfluo. A nai mostra o seu acordo con esta información.
Ao día seguinte, conta na clase, presentando o seu agasallo de Reis, o que aprendeu sobre a explotación infantil. A proposta súa, toda os compañéros escriben cartas aos famosos que anuncian a marca dos deportivos para que non colaboren coa poderosa empresa. Esa noite lévana de novo as zapatillas xunto aos tres irmáns. Pero a situación é distinta: grazas ao goberno e ás oenegés, os pequenos están nunha escola de tránsito, onde ademais reciben unha paga, e a súa nai creou con outras mulleres veciñas unha cooperativa na que fan vestidos e bonecas.
A mestra lévaos a todos a coñecer unha tenda de comercio xusto, onde venden café e outros produtos de cooperativas de productores pagos a un prezo xusto, coa intermediación de oenegés que desenvolven campañas solidarias. Tamén hai vestidos da India, da cooperativa de mulleres da nai de Ramesh, e unha boneca de trapo cun pijama como o seu e zapatillas deportivas, que lle guiña un ollo e dille que a leve para a súa casa. Di chamarse Lea, de Rosalía, polo que o que ela lle propón outro nome, Rosa, que é Rojam na súa lingua. Con ela e as zapatillas infórmase en internet sobre a Marcha Mundial contra a Explotación Laboral Infantil.
Entón pensa que non estará soa, que moitos nenos e nenas do mundo tamén son activistas e decidiron loitar contra a explotación infantil no mundo.
96 páx.
19 x 14 cm.
ISBN 978-84-9782-725-6
Fonte: BLIX
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.