E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 10 de marzo de 2013

Un neno de 9 anos consegue unha certificación profesional de Microsoft


 
Cada vez é menos sorprendente que un cativo con habilidades para o uso da tecnoloxía consiga superar o exame necesario para certificarse como especialista en tecnoloxías de Microsoft, e desta volta é Pranav Kalyan, un neno de 9 anos orixinario da India o que conseguiu o recoñecemento MCTS (Microsoft Certified Technology Specialist) ao demostrar os seus coñecementos na framework ASP.NET 3.5 o pasado 12 de xaneiro, converténdose na persoa de menor idade con tal cualificación (aínda que temos que lembrar que en 2009 un neno de 8 anos xa conseguira un recoñecemento semellante).

O pai do cativo xa recoñecía que non só o rapaz está fascinado polos ordenadores coma se fosen xoguetes, senón que xa comezara a programar aos 6 anos e incluso é capaz de resolver problemas de cálculo integral e diferencial, ou sexa, que ten unha capacidade para as matemáticas impropias dun neno da súa idade, o que claramente contribúe a que sexa quen de desenvolver software. 

mércores 16 de xaneiro do 2013, por Marcus Fernández 
Fonte: Código Cero

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger