martes, 12 de marzo de 2013

Arrolos - LITERATURA INFANTIL

Arrolos
Palmira G. Boullosa
Ilustraciones de RuAn
Col. Tartaruga.
Ed. Galaxia. Vigo, 2008
Reedición con novas ilustracións

Do rico patrimonio do folclore galego, conservado ao longo de tantas xeracións grazas á súa transmisión oral, recolle Palmira G. Boullosa trinta e unha cancións e ditos que teñen un motivo común: acompañar a presenza do bebé no berce. Hai os que buscan escorrentar o medo ao "home de fóra" ou ao gato e outros pretenden tranquilizar coa musicalidade dos versos paralelísticos ou onomatopeicos.

Todos os textos teñen no xogo fónico o código común co recén nacido. E nesta cultura urbana corren o perigo de perderse sen a súa conservación escrita.

37 p. - 16x19 cm.
ISBN   978-84-9865-100-3
Fonte: BLIX 
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger