Antonio García Teijeiro
Ilustracións de RuAn
Col. Tartaruga. Ed. Galaxia. Vigo, 2008
Reedición con novas ilustracións
Ilustracións de RuAn
Col. Tartaruga. Ed. Galaxia. Vigo, 2008
Reedición con novas ilustracións
Ata 5 anos
Conxunto de vinte e oito coplas, sinxelas e rítmicas como pequenas cancións, con imaxes de gran plasticidade.
Cunha presenza mínima dos referentes adultos (nas figuras positivas do pai, o mariñeiro ou Celso Emilio, que lles dá vida cos seus versos ás andoriñas que xogan a cámbaa co vento), que teñen tesouros "ruíns e medoñentos", mentres que os dos nenos son "inxenuos e sinxelos", o protagonismo infantil aproxima os lectores a un espazo lírico acolledor non inxenuamente feliz. As nubes, o arco da vella, as estrelas, o crepúsculo e, sobre todo, a lúa poden compartir unha incerta tristura ou emoción. Os paxaros fan coro ao canto infantil e as árbores poden enterrar os males coas súas follas.
Dende as ilusións aínda esperanzadas, cando o boneco xoga cos peixes, as ondas tallan estatuas de auga e sal e o papaventos se namora dunha pomba, hai tambén un lugar solidario con quen non ten pan, para o que nunca amence. Dende o poder do sono, estes versos son como as pequenas follas dos piñeiros: queren subir á lúa.
36 p -16x19 cm
ISBN 978-84-9865-102-7
Fonte: BLIX
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.